ACTIVIDADES EDUCACIÓN FÍSICA.

Aquí tedes as actividades desta semana.

1º, 2º e 3º de Primaria:

Esta semana traballaremos un pouco de IOGA (aprenderemos as posturas básicas).

Realizaremos e lembraremos as nosas sesións de  MINDFULNESS.

E por último, un consello: "RELÁXATE E RESPIRA"

Busca un lugar no que te atopes cómodo/a, pode ser: no xardín sobre a herba, na terraza, no balcón, nun lugar cómodo do teu salón ou na tranquilidade da túa habitación...

SEMANA DA CALMA

 

 

4º de Primaria:

Esta semana teremos diferentes actividades relacionadas coa música, o ritmo e o movemento corporal.

Visiona os diferentes vídeos e elixe unha das actividades para practicala e reproducila. 

SÍGUEME O RITMO!

 

 

5º e 6º de Primaria:

Esta semana teremos diferentes retos. Serás capaz de realizalos?

RETOS

 

 

Un saúdo, os profes de EF.