VACACIÓNS SEMANA SANTA

 

O 3 de abril comezan as vacacións de Semana Santa e remata oficialmente o trimestre, polo que publicamos os boletíns de notas da 2ª avaliación. Estas notas avalían  o traballo realizado polos alumnos ata o día que se suprimiron as clases, venres 13 de marzo.

As vacacións de Semana Santa comprenden desde o 3 de abril ata o 13 de abril inclusive. Aínda non sabemos nada de como vai ser a 3ª avaliación e todo dependerá de cando se retomen as clases. Gustaríanos que o día 14 de abril retomásemos as clases de forma normal, pero moito tememos que teremos que seguir nas casas un tempo máis. Nestes días descansaremos da realización das tarefas que se estaban enviando a través dos medios telemáticos.  Tanto na páxina web do centro como a través de Abalar, colgaremos toda información que nos remitan as autoridades educativas.

 

Ánimo e forza