Carreira campo a través intercomarcal

23/01/2009 17:00
Etc/GMT

 

CARREIRA DE CAMPO A TRAVÉS

 

O próximo venres día 23 de xaneiro está previsto celebrar a carreira de campo a través intercomarcal dentro das actividades organizadas polo Deporte en Idade Escolar. Nesta carreira participan aqueles nenos e nenas que se clasificaron nas anteriores probas de zona (Boiro e Riveira). A carreira realizarase en Pobra, no circuíto do Campo da Alta. O horario establecido é o mesmo que nas anteriores, as probas comezan ás 11,00 h polo que sairemos do centro co tempo suficiente e voltamos antes do remate das clases.