Segundo

DÍA DO LIBRO E DEREITOS DE AUTOR

Bo día nenos e nenas!!! Hoxe é 23 de abril, DÍA MUNDIAL DO LIBRO E DOS DEREITOS DE AUTOR. A semana pasada propuxemos, desde a biblioteca, a actividade COMPARTIMOS O QUE ESTAMOS A LER. Consistía en facer un debuxo do libro que estabades a ler poñendo o título e o nome do autor, e depois quitarvos unha foto con dito debuxo.

Deixamos os debuxos dos libros que compartístedes. Parabéns a Axel, Sara, Paula e Sergio de 2º e a Aarón, Iria, Marta, Mateo, Iván, Mauro, Yerai e Lois de 4º. Moi ben Lois e Paula, moitas grazas por incluirvos na foto como pedía a actividade.

Tamén vos deixo unha emotiva historia relacionada cos libros:pincha na imaxe

LOS FANTÁSTICOS LIBROS VOLADORES DE MR.MORRIS LESMORE.

 

 

 

 

 

 

UNID@S SAIREMOS

Benquerid@s alumnado e familias!

Desde o claustro do CEP Carlos Casares decidimos realizar un pequeno vídeo para pórlle unha nota de cor a esta cuarentena e animarvos a que botedes unhas bailas connosco. A música corre a cargo da marabillosa banda compostelá Ruxe Ruxe.

Con moito cariño e desexos de que pronto volvamos camiñar unidas e unidos.

 

 
 
SAIREMOS UNID@S!

TRABALLOS SOBRE O ENTROIDO

Unha das festas más agardadas no noso colexio é o ENTROIDO. Os nosos  disfraces é un segrego que non vos podemos desvelar ata o día do desfile. Agardámosvos o 21 de febreiro polas rúas de Salvaterra. Para ir facendo boca, partillamos con vós os traballos que fixemos  para decorar as nosas corticeiras. Gústanvos?

GLOSARIO CULINARIO

Como todos sabedes este curso estamos traballando moito arredor do tema da cociña. Unha das actividades que estamos levando a cabo en 1º e en 2º é a do Receitario Viaxeiro, onde cada familia elabora unha ou varias receitas que pasarán a formar parte do noso libro de receitas. Coa finalidade de adquirir un vocabulario específico de cociña e de poder resolver dúbidas á hora de escribir as receitas elaboramos un Glosario Culinario que tamén viaxa a cada casa xunto co Receitario e a nosa Chef Xoana.

REPARTO E CONSUMO DE FROITA FRESCA

COMO CADA ANO ESTE CENTRO PARTICIPA NA ACTIVIDADE DE REPARTO E CONSUMO DE FROITA FRESCA. SOLICITÁRONSE DOUS PERÍODOS PERO SÓ SE NOS CONCEDEU UN.

ESTA ACTIVIDADE LEVARASE A CABO ENTRE OS DÍAS 3 E 14 DE FEBREIRO, AMBOS INCLUSIVE.

 

PARA LER A RESOLUCIÓN DA CONVOCATORIA, PREME SOBRE A IMAXE.

 

 

DICIONARIO DE COCIÑA PLURILINGÜE

urante o 1º trimestre o alumnado de 2º estivemos  traballando duro na elaboración dun dicionario de cociña. A idea consistía en aprender o nome dalgúns alimentos e dalgúns utensilios de cociña en varios idiomas. Aproveitamos a visita dos compañeir@s istri@s,  friulan@s e dos seus mestres e mestras para preguntarlles  como se dicían esas palabras nos seus respectivos idiomas.

Ao final fixemos un dicionario con vocabulario en galego, español, italiano, friulano, chakavo e istro veneto. Sí, Sí,... en  6 idiomas!!!

A mestra Belén encargouse  de facer a montaxe. Aquí tedes o resultado final. Quedou ESPECTACULAR!!! 

CALENDARIO 2020

Boa tarde!

Xa temos aquí o calendario 2020 que, como xa sabedes, este ano xira entorno ao proxecto do comedor. É por iso que as súas páxinas están enfeitadas cos fanásticos obxectos que formaron parte da nosa exposición, así como coas cabazas de Coco-Alxén e, como todos os anos, coas nosas familias, xuntadas neste caso arredor de mesas cheas de recordos e moito cariño. Premede sobre a imaxe para poder visualizalo:

 

Esperamos que vos guste tanto como a nós!

EXPOSICIÓN: O COMEDOR

No CEP Carlos Casares estamos moi pero moi felices co resultado final da nosa exposición: o comedor. 

Grazas á implicación de todas as familias, claustro e alumnado; conseguimos converter o noso salón de actos nun fantástico comedor ao que non lle falta detalle, cunha manchea de obxectos de gran valor; e non podemos máis que agradecer a vosa cuantiosa xenerosidade e confianza ao partillar con toda a comunidade as vosas pezas, moitas veces cun gran valor sentimental.

Moitas e moitos de vós xa desfrutachedes da nosa exposición na Xornada de portas abertas, pero para os que non, gustaríanos deixarvos por aquí un pequeno vídeo que vos achegue ao noso comedor particular.

 

Podedes ver e descargar as fotos en: https://photos.app.goo.gl/BatUMfrvL5z2MdJJ8

Novamente, moitísimas grazas polo voso apoio e colaboración un ano máis!

Programa especial: o Magosto

A pasada semana, o alumnado de 2º curso emitimos un programa ben completiño desde Radio Saltamontes! 

Este xirou arredor do Magosto e da castaña, para aprender un pouquiño sobre esta festa tradicional que tanto nos gusta. Pero ademais, tamén aprendemos datos ben interesantes sobre a historia da castaña e algunha que outra curiosidade, repasamos o refraneiro, cantamos cantigas e até partillamos unha receita ben suculenta das filloas de castaña. Só de volver a escoitala xa se nos fai a boca auga... 

 

Collede lapis e papel que este programa éche do máis interesante!

 

Boa escoita!

 

A NOSA CORTICEIRA

Ao longo do que levamos de curso fomos decorando a nosa corticeira cos distintos traballos que realizamos nos obradoiros. Así, aproveitamos para realizar manteis para tomar o pequeno almorzo (a través de técnicas como o collage e a pintura); botes con area de cor que aportan moita alegría nestes días tan grises; paraugas de papel, que de seguro nos serán de grande utilidade durante estas semanas chuviosas, e diferentes animaliños que nos acompañan todos os días, empregando as follas que nos regala  o outono. Todo isto acompañado dunha das nosas manualidades preferidas... os mandalas!

 

 

Esperemos que vos guste o resultado final!

 

Distribuir contido