Segundo

BAILE DE ENTROIDO

Bo día entroideiros e entroideiras! Como bos festeiros que somos, no CEP Carlos Casares, non queremos deixar pasar a oportunidade de compartir con todos vós o noso xa famoso baile de entroido. Este ano, tivemos que adaptar a celebración desta festa tan importante en Galiza ás novas circunstancias sanitarias, pero non por iso deixamos de pasalo xenial cumprindo coas tradicionais ordes do Meco, a lectura do testamento, a queima do Meco, a riquísima chocolatada e rosca que a ANPA nos prepara cada ano con tanto agarimo e, como non, a nosa esperada fariñada. Non puidemos elaborar os disfraces no cole, como viñamos facendo en cursos pasados, pero todos viñemos guapísimos da casa. Había de todo: agricultores, espantallos, velliñas... O complemento máis empregado foi o sombreiro de palla.

E, como non, a nosa sempre aclamada coreografía. Non vos imos a dar máis pistas xa que, vós mesmos a podedes disfrutar premendo na seguinte imaxe. Agradecemos ao mestre Miguel Ángel a montaxe do video. Esperamos que vos guste.

CLAUSTRO CEP CARLOS CASARES

O entroido

in

Pequeno resumo dalgúns momentos desta fantástica semana de Entroido.

 

VIVA O ENTROIDO!

 

Mirade que máscaras ...

in

Na clase de plástica fixemos unhas máscaras super chulas coa axuda do profe Martín, eleximos cabazas, pantasmas e outos monstros. Foi unha celebración de Samaín diferente pero o pasamos ben ...

Profe Fanny mira que " festa rachada"

 

 

 

 

 

Baile Letras Galegas Educación Musical

in



Bo día! Hoxe sería o último día de cole. E para celebralo aquí déixovos o vídeo da recompilación dos bailes que me mandáchedes polo día das Letras Galegas. 

Espero que o disfrutedes!

 

 
 
Despois de este ano escolar tan raro, quero desexarvos, máis que nunca, que o pasedes xenial nas vosas vacacións que ben o merecedes! Estades feitos uns campións e campionas!
 
 
Felices Vacacións!!!!
 
 
 
Mándovos unha aperta moooi graandeee!
 
 

EDUCACIÓN FÍSICA

in

Esta semana quero compartir con todas e todos vós un pequeno vídeo con algunhas das actividades que fixéstedes durante o confinamento.

DÍA DA DANZA. LUÍS PREGO

OLAAA rapazada!!!! Como estades??? Que tal vos foi co obradiro de danza do salón virtua???

Hoxe recibimos outra proposta para celebrar o día da Danza, da man doutro colaborador habitual do cole e sempre dun xeito desinteresado.

Coñecédelo practicamente tod@s, el é LUÍS PREGO. Luís leva practicamente toda a vida unido á danza e ao folclore galego. Dende ben pequeno comezou a bailar, baile galego.

Luís é un dos grandes recolledores do folclore galego. Leva case toda a vida percorrendo toda a xeografía galega e tamén as zonas limítrofes de Zamora, León, Asturias e Portugal, indo de aldea en aldea, preguntando e gravando ás persoas maiores.

Hoxe queremos facer unha homenaxe precisamente a esas persoas que tanto e tanto nos ensinan e tan necesarias son para nós como son @s nos@s avós/as e que levamos moitos días sen poder darlle unha aperta.

Luís ademais de ser bailador e mestre de baile galego, tamén é un dos músicos do grupo de música folk Ardentía, que teñen feito concertos por toda a xeografía galega.

El é o director e o mestre de música e baile tradicional galego de grandes grupos como por exemplo o Orfeón Mariñeiro do Berbés ou o grupo de baile de Lourido, entre outros.

Outra das grandes facetas de Luís é de divulgador do noso patrimonio Inmaterial. Ten publicados varios libros-CD con música para nen@s, e non tan nen@s. A canción de "Felisa vai en coche, Felisa en coche vai", coa que saiamos do colexio, está publicada no libro- CD "Para cantar e bailar". Nese mesmo libro-CD está a canción "O señor da serra" e coa que o alumnado de 4º, 5º, Xiana e Sabela, participastes no coñecidísimo programa Luar, da TVG.

Na Radio Picariña, da crtvg, tamén podedes escoitar varias das súas cantigas.

 

 Como xa vos dixen, Luís ten feito un traballo moi importante como divulgador. Un dos traballos máis potentes que e que tivo unha grande repercusión é o proxecto "Un punto ao día con Luís Prego". Publicou un punto do baile galego durante un ano completo. Si, Si 365 puntos de muiñeira, xota, maneos... Un inmenso traballo e legado que publicou na rede, de xeito altruísta. Luís é tremendamente xeneroso!!! Este proxecto foi un anticipo ao que nestes momentos estamos a vivir. Como xa vos contei Luís dá clases de baile, na parroquia de Lourido, e unha das súas alumnas foi a estudar a Compostela. Para que poidera seguir aprendendo os pasos do baile, o seu pai e a súa nai, gravábanlle un vídeo e logo enviábanllo. Así foi como xurdíu este magnífico proxecto que ten como obxectivo que todas as persoas, que o desexaran, poidan a prender a bailar.

Só por isto que vos acabo de contar xa lle debiamos unha homenaxe ao mestre Luís. Pero unha vez máis demostrou o seu carácter máis xeneroso e mandouvos este vídeo cun paso moi sinxelo de muiñeira para que o poidades bailar tod@s.

Estaría xenial que vos gravarades bailando este paso e que nolo mandedes. ANIMÁDEVOS!!! Estes puntos hai que bailalos cunha parella, asique decídelle á mamá ou ao papá que se animen. VIVA O DíA DA DANZAAAA!!!!

 En nome de toda a Comunidade Educativa do CEP Carlos Casares, quero darlle as grazas ao gran mestre e bailador, Luís Prego, polo seu enorme traballo a prol do estudo e da divulgación do folclore e do Patrimonio inmaterial Galego e por estar sempre disposto a colaborar co noso cole e co noso alumnado

MIL GRAZAS POR TODO, LUÍS

DÍA DA DANZA. MERCEDES PRIETO

Ola a tod@sss!!! Como estades???

Como van eses primeiros paseos autorizados logo de tantos días confinad@s???

Sabedes que día é mañá?? Si claro, 29 de abril!!! Pero sabedes que se celebra cada 29 de abril??

O DÍA DA DANZA!!!!

Coñecedes ao grupo Pesdelán? No noso cole temos dous traballos publicados por elas.

Unha das componentes do grupo Pesdelán é Mercedes Prieto. Unha recoñecida mestra especialista de danza. Mercedes está desenvolvendo varios proxectos onde relaciona a danza coas matemáticas, coa arte, ... Mercedes é unha veciña nosa, natural da parroquia de Leirado, que actualmente vive en Salceda de Caselas.

Este ano tiñamos programado un proxecto chamado MUSE onde a través da danza e doutras artes iamos traballar varios aspectos pedagóxicos e de socialización e ela ía ser a artista que nos ía dar os obradoiros. Por mor desta situación houbo que adialo, agardo que poidamos levalo a cabo o vindeiro curso.

Pois mañá, Mercedes e @s súas compañeir@s de Pesdelán van facer un obradoiro de danza , dende o Salón do libro en Pontevedra virtual e vós poderedes danzar no salón das vosas casas.

Que maneira tan marabillosa de celebrar o día da DANZA. Menudo PLANAZO para mañá ás 12 do mediodía!!! FESTAAAAAA!!!!!

 En nome de toda a Comunidade Educativa do CEP Carlos Casares, querémoslle dar as grazas e mandar unha aperta moi forte para Mercedes, por ter a deferencia de facernos este convite, persoal!!

Lembrade...mañá ás 12 do mediodía... TOCA DANZAR EN FAMILIA!!!!

Se vos apetece, podedes gravarvos e logo podemos facer unha montaxe.

Para participar tés qeu entrar no seguintes enlaces:

https://www.youtube.com/channel/UCKa4_z4e9ddQdC1eoprGcBA

https://www.salondolibro.gal/

 

 

Pautas do oso lambón para saír á rúa

in

 

Bo día de Luns clase de 1º e 2º!!

Comezamos una nova semana!

De seguro xa sabedes as boas novas: dende onte, @s cativ@s podedes saír á rúa! Selado

Imaxinamos o content@s que estaredes: por fin podedes  respirar un pouco de aire fresco e estirar ben as pernas!!

Iso si, antes de saír a rúa tedes que coñecer unha normas que deberedes cumprir. Por iso, imos a ensinarvos unha guía que adaptou a mestra Sabela e que ten un protagonista moi simpático: o oso lambón (premede na imaxe).

Para as mamás e os papás tamén adxuntamos unha guía que agardamos que vos sexa de utilidade (premede na imaxe).

Desfrutade moito dos vosos paseos e lembrade seguir os consellos do oso lambón!

Apertas virtuais,

 

Sonia e Fanny.

 

Distribuir contido