Segundo

#RosalízaTe, aula de 2º

Este ano para celebrar o Día de Rosalía, a AELG, propuña como actividade disfrazarse e sacar unha foto, na que se amosara un verso de Rosalía de Castro, coa familia. No noso curso escollimos os versos das primeiras estrofas do poema Alborada. Ademais da montaxe coas fotos que fixemos coas nosas familias e que van coas do resto do cole, nos fixemos estas fotos que queremos compartir con vós. Que vos parecen? ;)

 

PROXECTO AS TRES ERRES (REDUCIR, REUTILIZAR E RECICLAR)

Para rematar o proxecto de Naturais das 3 R (reducir, Reutilizar e reciclar), fomos por todas as aulas do noso cole, explicando todo o que aprendemos e sobre todo dando bos consellos para reducir a cantidade de lixo e por conseguinte, protexer o medio ambiente.

Partillamos o vídeo das exposicións. Agardamos que vos guste.

 

Benvida á mestra Doa

in

Hoxe esperabamos con gran ilusión a chegada de Doa, a mestra en prácticas que vai a estar con nós dous mesiños. Agardamos que este tempo que imos estar xunt@s sexa unha experiencia inolvidable e moi positiva para tod@s! Benvida, Doa!

COMEZAMOS A XOGAR COAS TÁBOAS DEMULTIPLICAR

POUCO A POUCO ÍMONOS ACHEGANDO AO INTERANTE MUNDO DAS MULTIPLICACIÓNS!!!

AQUÍ IREMOS SUBINDO UNS VÍDEOS MUSICAIS QUE FARÁN QUE APRENDER AS TÁBOAS DE MULTIPLICAR SEXA MÁIS DIVERTIDO!!

 

A nosa recollida de refráns

Logo do traballo de pescuda e recollida dos refráns, este é o resultado.

 

GRAVACIÓN DA REPRESENTACIÓN TEATRAL, AS AVENTURAS E DESVENTURAS DUNHA ESPIÑA DE TOXO CHAMADA BERENGUELA, NO FESTIVAL DE NADAL 2016

Achegamos a representación teatral da obra escrita polo padriño da nosa aula, Manuel María, AS AVENTURAS E DESVENTURAS DUNHA ESPIÑA DE TOXO CHAMADA BERENGUELA. Quermos aproveitar esta ocasión para darlle as grazas a todas as persoas que fixestes posible que a nosa actución fora un éxito.

 

SAÍDA A CABREIRA I

VÍDEO CREADO CO IMOVIE. AS FOTOGRAFÍAS SACOUNAS AINOA PORTO, DURANTE A SAÍDA QUE FIXEMOS A CABREIRA O PASADO 5 DE DECEMBRO.

 

Parte da ruta da visita a Cabreira.

Emma, foi a encargada de ir gravando parte da ruta que fixemos pola parroquia de Cabreira, cunha app que se chama Wikiloc. Nela pódense ir xeolocalizando os lugares de interés, facer fotos, comentarios,... Lamentamos non poder mostrar toda a ruta...Acabóusenos a batería;(

Powered by Wikiloc

PARROQUIA DE CABREIRA. ASPECTOS A ESTUDAR


Distribuir contido