Practicum de Doa

Este trimestre tivemos a Doa facendo as prácticas. Foi unha experiencia moi positiva tanto para o alumnado como para nós. Na seguinte montaxe recollimos unha mostra das tarefas que programou e que levou a cabo na aula. A Unidade didáctica desenvolveuse na materia de matemáticas e o seu obxectivo era a mellora da competencia matemática e a lingüística mediante a resolución de problemas, onde a dificultade radicaba na comprensión lectora; problemas con múltiples respostas, imposibles de resolver, nos que se se resolvían coa lóxica inmediata e non se reparaba ben no enuciado eran moi doado falllar. Houbo actiivades para repasar o pago e as voltas, simulando unha xeadería e ... retos para conseguir co robot, Escornabot!!!

Aproveito a ocasión para darlle as grazas e para convidala a vir á nosa aula, cando e cantas veces lle sexa posible.

Sempre serás benvida, Doa!!!!