Segundo

Presentación sobre a vida e obra de Manuel María

in

Partillo unha presentación feita por Monadela, sobre a vida e obra de Manuel María, padriño da nosa aula e na que podemos atopar moita da información sobre aspectos que queriamos saber.

 

O bigote de Mimí. Luis Vallecillo e a Banda do Cuberto

in

O curso pasado lemos o libro, O bigote de Mimí, escrito polo noso padriños de aula Manuel María.

Como sabedes este 2016 é o ano de Manuel maría. Foron numerosísimos os traballos que se fixeron aredor da súa vida e da súa obra.

De seguido deixamos o enlace á web de Luis Vallecillo, que xunto á Banda do Cuberto crearon este expectáculo musical, sobre O bigote de Mimí.

Agradecémoslle esta magnífica proposta escénica.

Agardamos que vos guste.

VISITA VIRTUAL Á CASA-MUSEO MANUEL MARÍA

in

Estamos inmers@s de cheo no proxecto de Manuel María, padriño da nosa aula. Unha das cousas que queriamos saber era se tiña casa.

Logo de descubrir que estaba en Outeiro de Rei, e que agora é a súa CASA MUSEO, partillamos con tod@s vós esta magnífica visita virtual á casa de Hortas, casa onde naceu Manuel María, o 6 de outubro de 1929. 

Agradecemos á Fundación Manuel María este magnífico recurso.

RECOMENDÁMOSVOS QUE, SE TEDES OCASIÓN, NON A DEIXEDES DE VISITAR. É IMPRESIONANTE!!!! 

 

Os soños na gaiola

PARTILLAMOS CON TOD@S VÓS O RECITADO DUNHA ESCOLMA DE POEMAS DO LIBRO OS SOÑOS NA GAIOLA ESCRITO POLO PADRIÑO DA NOSA AULA, MANUEL MARÍA.

 

Aventuras e desventura dunha espiña de toxo chamada Berenguela

in

Estamos a piques de comezar o proxecto sobre o noso padriño de aula e como adianto partillamos esta obra de teatro, na que se comenta o seu léxico.

 

AS NOSAS MONTAXES XEOMÉTRICAS

A CONTINUACIÓN ÍMOSVOS MOSTRAR AS MONTAXES XEÓMETRICAS QUE FIXEMOS DURANTE O VERÁN. TIVEMOS QUE RECORTAR FIGURAS PLANAS: TRIÁNGULOS, RECTÁNGULOS E CADRADOS DE DISTINTOS TAMAÑOS E CON ELES FACER UNHA OBRA DE ARTE.

AGARDÁMOS QUE VOS GUSTEN, A NÓS ENCANTÁRONNOS TODOS OS CADROS DOS/-AS NOSO/-AS COMPAÑEIROS/-AS.

 

AS NOSAS ADIVIÑAS

A SEMANA PASADA ESTIVEMOS TRABALLANDO AS ADIVIÑAS, DENTRO DO APARTADO DA LITERATURA TRADICIONAL. CADA UN/HA DE NÓS TIVEMOS QUE FACER UN TRABALLO DE RECOLLIDA, PREGUNTANDO ÁS NOSAS FAMILIAS OU VECIÑOS/-AS. ESTABAMOS DESEXANDO O MOMENTO DA GRAVACIÓN E...AQUÍ VOS DEIXAMOS O RESULTADO!!!

 AGRADAMOS QUE VOS GUSTARAN E ANIMÁMOSVOS A QUE XOGUEDES ÁS ADIVIÑAS...É DIVERTIDÍSIMO!!!!!

 

 

MONTAXES SIMÉTRICAS CON PINTURA

O PASADO VENRES ESTIVEMOS EXPERIMENTANDO E CREANDO MONTAXES SIMÉTRICAS CON PINTURA, QUE EMOCIONANTE!!!!

AQUÍ VOS DEIXAMOS UNA MOSTRA DE COMO O FIXEMOS E DOS RESULTADOS QUE OBTIVEMOS.

 

Os nosos almorzos son saudables

 

Aquí vos deixamos unha montaxe feita sobre os nosos almorzos saudables.

No primeiro ciclo temos un calendario cos almorzos saudables que tomaremos cada día da semana.

Máis adiante profundizaremos sobre este tema cando fagamos o proxecto da saúde e a alimentación.

 

 

Distribuir contido