VISITA VIRTUAL Á CASA-MUSEO MANUEL MARÍA

in

Estamos inmers@s de cheo no proxecto de Manuel María, padriño da nosa aula. Unha das cousas que queriamos saber era se tiña casa.

Logo de descubrir que estaba en Outeiro de Rei, e que agora é a súa CASA MUSEO, partillamos con tod@s vós esta magnífica visita virtual á casa de Hortas, casa onde naceu Manuel María, o 6 de outubro de 1929. 

Agradecemos á Fundación Manuel María este magnífico recurso.

RECOMENDÁMOSVOS QUE, SE TEDES OCASIÓN, NON A DEIXEDES DE VISITAR. É IMPRESIONANTE!!!!