Skip to Content

3º e 4º Primaria

UNHA CLASE MOI PRÁCTICA

O pasado día 22 de novembro tivemos unha clase moi práctica. Veu ao noso cole a dentista Carmen e a auxiliar Marzuca do centro de Saúde de Burela. 

Viñeron a explicarnos como debemos de coidar a boca para mantela san. 

Fixemos prácticas de limpeza cuns dentes moi grandes e vimos un vídeo que axudó a que todos o entendéramos moi ben. 

Ao final déronnos un diploma e un cepillo de dentes. 

Pasámolo moi ben e aprendimos moitas cousas!!

 

 



TAMÉN OS DE CUARTO QUEREMOS DARNOS A COÑECER

Aqui tedes a todos. Verdade que somos moitos!!

 

Experimentos!!!

Para rematar o tempo adicado a ciencia coa axuda de GAIA fixemos os seguintes experimentos:

- A formación de chuvia.

- A botella enrugada.

- Mareas negras.

- A contaminación dos mares.

- Aproveitamento da auga en distintos tipos de solo.

Con eles descubrimos cousas moi interesantes e ademáis pasámolo moi ben.

Aquí tedes o noso traballo:

 

Que diver é a ciencia!!!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


Ángela explicando o seu traballo

 

Ángela contesta as nosas preguntas e ao rematar tod@s entendemos moito mellor o mundo da ciencia.

Distribuir contido


by Dr. Radut