Skip to Content

Últimas novas

Actividade da Biblioteca Escolar: MADRIÑAS E PADRIÑOS

Padriños, madriñas, afillados e afilladas disfrutaron dun momento relaxante e moi agradable coa lectura nun día soleado o pasado venres 3 de maio. Esta sesión fotográfica é para compartila con toda a Comunidade Educativa do Colexio Vista Alegre. Aproveito para darlle a noraboa á organizadora deste evento tan bonito e entrañable: Inma Orol,  coordinadora da nosa Biblioteca Escolar: Libruxa

Click to play this Smilebox slideshow
 

DÍA DA AUGA E DA ÁRBORE 2013

A Deputación de Lugo entregou ao centro unha árbore e máis concretamente un bidueiro que os nenos e nenas de 3º ciclo decidiron bautizar: "Milfollas". A plantación levouse a cabo o pasado 22 de marzo no xardín do colexio. Jan, a nosa mascota Comenius tamén estivo presente nese acto. Os nenos e nenas de 5º de Primaria fixeron experimentos relacionados coa auga coas monitoras de GAIA do Concello de Burela.


DÍA DA ÁRBORE

Gañador do xogo de pistas deste ano: o Curso de 4º B. A resposta foi o limoeiro. O pasado 21 de marzo (DÍA DA ÁRBORE) a concelleira de Medio Ambiente do Concello de Burela acompañada pola monitora de GAIA fixeron entrega ao centro escolar dunha preciosa árbore que foi plantada ese día no patio do colexio polo alumnado gañador de 4º B e que tamén recibeu un diploma. NORABOA aos gañadores e felicitacións a todos os demáis cursos participantes.... Máis información aquí


Distribuir contido


by Dr. Radut