Skip to Content

blogue deJulián Gómez

Iogurcesto: proposta con material reciclado.

   No seguinte vídeo podedes ver como se constrúe o material para xogar ao Iogurcesto. Só precisades:

  • Envase baleiro de iogur.
  • Fío de la ou outro material similar.
  • Papel de aluminio ou xornal.
  • Cinta adhesiva ou pegamento (opcional, para pegar o fío ao papel de aluminio).
  • Tesoiras

   Unha vez que o teñades preparado podedes xogar. Tedes que intentar meter a pelotiña dentro do envase do iogur o maior número de veces posible. Primeiro cunha man e logo coa outra. Podedes contar cantas veces o facedes sen erro e volver a comezar.

 

Oca de Educación Física

Na mesma liña que a actividade anterior, a Oca de EF é un modo doado e divertido de realizar actividade física dentro da casa. 

Procuramos que as actividades estean adaptadas aos espazos interiores, debido á situación na que nos atopamos. 

No arquivo adxunto atoparedes información coas normas de xogo (moi sinxelas) e agardamos que sexa de utilidade para mover e corpo e para desconectar un anaco do resto do traballo que estades a facer.

Por outra banda, lémbrovos que tedes un vídeo de estiramentos que podedes utilizar a diario (incluso varias veces ao día) neste mesmo blogue. 

Aproveito a ocasión para enviarvos unha mensaxe de ánimo e de esperanza. Cada día que pasa é un día menos para volver a ver aos compeñeiros/as e ao profesorado. 

 

*Actividade creada polo CEIP A Castellana

Monopoly EF

Esta actvidade está pensada para que o alumnado realice actividade física na casa. É moi sinxelo, cun modo de presentación semellante ao coñecido xogo de mesa "Monopoly" pero cunha enorme simplificación das normas. 

Podedes atopalo en formato PDF nos arquivos adxuntos. En función da idade do alumnado pódese aumentar a dificultade, aumentando o tempo de traballo ou as voltas ao percorrido. 

 *Actividade elaborada polo CEIP A Castellana. Moitas grazas.

 

O xadrez como ferramenta educativa

Bos días!

Desta volta gustaríame deixarvos algún material para que o alumnado (en función dos diferentes niveis) invirta unha parte do seu tempo libre ao xadrez.

Aproveitando os diferentes materiais que nos proporcionaron nun curso de formación do profesorado, vou a colgar varios recursos relacionados con este interesante xogo. 

Para os que non o coñecen:

Son fichas descargables para colorear, cunha breve explicación dos movementos que pode facer cada peza. Serven para ter unha primeira toma de contacto co xadrez.

Para os que xa xogaron algunha vez:

Laberintos, para repasar os movementos das diferentes pezas e titorial de como usar a web Kid Chess, cunha guía para utilizar tódalas aplicacións dispoñibles.

 

Para os "expertos":

Deixo un link para xogar en liña. Nalgún caso non é necesario rexistro (para xogar contra o PC). Noutros faise rexistro e xógase contra outras persoas (a medida que se gañan/perden partidas aumenta a puntuación no noso nivel)

Sen rexistro: https://blitz.chessbase.com/?ref=RF32-OET9DCF5AK&gclid=EAIaIQobChMIicngocSw6AIV2ZTVCh29LwINEAAYASAAEgIWhPD_BwE

Con rexistro: https://chess24.com/es 

*Material facilitado por Jacobo Caselas e Yudania Hernández, da Federación Galega de Xadrez, para o curso de formación do profesorado: "O xadrez como ferramenta educativa". 

Distribuir contido


by Dr. Radut