Skip to Content

blogue deJulián Gómez

Parts of the body song

Hoxe imos deixar unha canción que o alumndo de 1º curso debería coñecer. Como indica o seu nome en inglés, fala das partes do corpo e foi utilizado nas clases de EF cando tivemos á profe Mónica connosco. Repite en numerosas ocasións os nomes para que nos poidamos fixar na súa pronuncia. 

Agardamos que vos lembredes e que vos guste!!!

 

Actividade sobre o corpo humano

Bos días!

Hoxe preséntovos unha actividade onde podedes aprender os principais ósos e músculos do corpo humano. Está catalogada para 2º curso de Primaria pero creo que podedes facela en calquera dos niveis desta etapa. 

É un traballo que garda unha relación directa coa área de Ciencias polo que tamén vos serve como repaso ou ampliación. Son actividades moi sinxelas, coas que non ides precisar outro material a maiores do voso PC ou dispositivo electrónico.

Páxinas da 60 á 80. É preciso habilitar Adobe Flash Player.

LINK

Gustaríame que tivésedes a oportunidade de gozar do voso tempo libre paseando, xogando ou facendo actividade física durante estos estupendos días que nos acompañan. Anímovos a que, se podedes, collades a vosa bici. o voso calzado de deporte, as vosas raquetas... e realicedes algún tipo de exercicio físico. Foron moitas semanas de confinamento, pechados nas casas e sen poder relacionarnos cos nosos compeñieros/as. 

Moito ánimo!!!

Tamén vos lembro que podedes contactar comigo a través da seguinte conta de correo: julian.gomez@edu.xunta.gal

Birlos con rolos de papel hixiénico

Bos días!

A actividade que vos presento hoxe consiste en utilizar meterial reciclable para crear os birlos cos que posteriormente xogaremos. Para iso precisamos:

  • Rolos de papel hixiénico (8-10)
  • Tesoiras
  • Pegamento
  • Material para decorar (pintura de dedos, cintas decorativas, rotulador...)
  • Folios (1-2)
  • Pepel de xornal (para facer a pelotiña que se lanza)

No vídeo que deixo coa actividade aparece a explicación de como podemos decorar os birlos. Hai máis opcións que as que aparecen aquí, pero o que realmente é interesante é a aplicación do xogo. 

Neste caso, cando lanzamos a pelota e tiramos algunha peza temos que sumar os números que levan cada un dos birlos. Por exemplo: se lanzamos e tiramos os números 2,6 e 7 teremos que facer a suma deses números para levar o reconto da nosa puntuación. Se xogamos contra alguén tamén podemos facer a suma dos puntos de cada un e logo calcular a diferenza de puntos entre ámbolos dous (para traballar a resta). Polo tanto tamén estamos traballando a Competencia Matemática. 

 

Physical Eduation

Bo xoves a toda a comunidade educativa do CEIP Vista Alegre. Hoxe quero deixarvos unha actividade de EF en inglés, semellante á da semana pasada. En 1º curso de EP están a traballar co enfoque CLIL pero pode traballar igualmente o alumnado do resto dos cursos. 

A actividade presenta numerosas opcións en función da temática que se escolla. O importante non é o número de respostas correctas pero si que é fundamental que as nenas e nenos non perdan o contacto coa terminoloxía específica da nosa área. 

O ideal sería que o alumnado traballara con esta actividade dun xeito lúdico, que é o espírito da nosa materia.

Precisa habilitar "Adobe Flash Player" para que funcione axeitadamente.

 

LINK

Distribuir contido


by Dr. Radut