Skip to Content

blogue deJulián Gómez

Pequeno Quiz de EF (3º a 5º de E. Primaria)

Preséntovos un pequeno Quiz de EF, con só 5 preguntas sobre aspectos traballados nas clases. Aínda que está dirixidos a alumnado de 3º a 5º, podedes intentalo, que é moi doado.

A por el!!!

 

Móvete connosco na casa

   Aínda que xa podedes saír da casa 1hora ao día, a Consellería de Educación facilitou unhas sesións de actividade física adpatadas ás idades de Educación Primaria. 

   Serían tarefas de velocidade de reacción, forza-resistencia, ioga... que tamén podedes realizar aínda que teñades a opción de saír á rúa. A miña recomendación é de que combinedes as saídas coa actividade física que se vos facilita aquí. 

   Nalgúns casos podedes elaborar, de xeito moi sinxelo, os vosos materiais.

 

Clip 1: Velocidade de reacción

 

 

Clip 2: Forza - resistencia

 

 

Clip 3: Iniciación ao Ioga

 

 

*O deseño das actividades está feito por profesionais da actividade física.

A Caixa Forte de EF

No seguinte enlace ides poder realizar a actividade deseñada para o alumnado do Vista Alegre baseado na estratexia de Gamificación. Só tedes que lembrar as principais normas de comportamento para poder acceder ao código que vos abre a caixa forte! 

Moita sorte!!!

 

O Tetratenis/Tetrapala

En relación á actividade presentada a semana anterior do Iogurcesto, presentamos esta semana o Tetratenis ou Tetrapala

É unha actividade na que tamén teredes que elaborar o voso material (incluso personalizalo ao voso gusto) para poder xogar con el. 

A actividade que se propón (a maiores de montar a pala de tenis) é semellante á da semana pasada. Podedes dar toques a unha pelotiña de papel (ou se tedes na casa algunha doutro material brando tamén) sen perder o control. Primeiro intentádelo coa man que usades para escribir e logo coa outra. Se conseguides que alguén xogue convosco, podedes preparar dúas palas e xogar a pases.

Deixo un enlace co vídeo no que se explica paso a paso como se constrúe a pala.

 

Materiais:

  • Brick de leite ou semellante
  • Tesoiras
  • Papel para reciclar 
  • Cinta adhesiva

Para decorar (opcional):

  • Cinta decorativa
  • Adhesivos
  • Rotuladores

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut