Skip to Content

blogue deadmin

FESTIVAL FIN DE CURSO 2014

Rematamos curso e, coma todos os anos, organizamos un Festival onde os nosos nenos e nenas preparan con toda ilusión a súas coreografias, recitais, teatro, ... para que toda a comunidade educativa poda disfrutar dun momento agradable e divertido. Noraboa aos participantes porque, de verdade, que o fixeron moi ben.

 

PRESENTACIÓN DE TURQUÍA

O pasado mércores 18 de xuño, os nenos e nenas de 4º A e 4º B presentaron o seu traballo de investigación sobre TURQUÍA, o último país socio do noso Proxecto Europeo: "Pleased to meet you". Queremos felicitalos e agradecerlles o seu excelente traballo co que aprendemos todos. Noraboa!

 

Click to play this Smilebox scrapbook
Create your own scrapbook - Powered by Smilebox
 

VISTALEGRIN 2014

Xa está publicada unha nova edición da nosa revista escolar Vistalegrín. Este ano con máis páxinas debido aos numerosos traballos publicados.  Como novidade destacar que se inclúe un suplemento específico sobre "Arte na escola" onde se poden ver os traballos de cerámica e pintura levados a cabo coa axuda de ceramistas do entorno e expertos no tema. E, por suposto, seguen estando as nosas seccións de:  Proxecto Europeo, que clausuramos este curso; Biblioteca onde se traballou a ciencia; saídas, celebracións,... e moitas cousas máis.

 
Distribuir contido


by Dr. Radut