Skip to Content

blogue deadmin

A viaxe de retorno a Burela

Bélxica 2013 - 8ª Etapa (fin)

Ler máis (fotos)  

Este é relato do día de volta:

O último día, luns 27, viaxamos en autobús até Bruxelas, onde visitamos o Atomium, que quedou alí desde a Expo de 1958, e o Manneken Pis, que contan que no lugar onde se atopa desaparecera un neno que unha veciña encontrou mexando nun corruncho. Despois de ver outros monumentos turísticos (Grand Place, Galeries Royales Saint-Hubert) tocou comprar recordos e chocolate, antes de voltar ao aeroporto Zaventem de Bruxelas. Antes de subir ao avión de volta, despedímonos de Marta, unha mestra que nos acompañou durante os últimos días da viaxe. Xa ás oito e media da tarde collemos o autobús desde Madrid a Burela. Tras nove horas de viaxe, ás cinco e media da madrugada do martes, por fin chegamos!

E este é o resumo da nosa viaxe

O luns, 20 de maio, estabamos no colexio ás catro da mañá para despedirnos das nosas familias e saír cara a Madrid. A viaxe foi moi longa pero estivemos falando, durmindo e vendo unha película. Chegamos a Madrid a iso das doce e media. Facturamos as maletas, xuntámonos e comemos o xantar. Logo, tivemos que pasar polo control e despegamos ás tres menos cinco. Chegamos a Bruxelas ás cinco e cuarto e fómonos en autobús ao hotel De Linde, a onde chegamos ás sete e media, ceamos e adormecemos enseguida.

O seguinte día, á mañá, vestímonos e fomos almorzar. Ao terminar dirixímonos a Balen, onde está o colexio De Bosmier. Xogamos un cacho e comemos uns hot dogs. Despois participamos nunha caza do tesouro cos compañeiros belgas, finlandeses, romaneses, turcos e malteses. Cando rematamos, tomamos un rico xeado de vainilla. A tarde pasámola cos nosos amigos belgas nas súas casas que eran grandes e espazosas. Aprendemos como era a súa cultura e a súa gastronomía. Ás oito e media veunos buscar o bus e fómonos ao hotel.

O terceiro día, fomos ao parque temático de atraccións Efteling, en Holanda. Non tardamos moito, xa que Balen está nunha zona que delimita con Holanda e Alemaña. Soamente ver a entrada xa daba unha primeira impresión de contos de fadas. O resto da mañá dedicámonos a ver a zona do bosque, no que había personaxes de contos tradicionais: Carapuchiña, os sete ananos, Pinoquio, etc. Pero o máis orixinal foi un home xigante que podía alongar o pescozo até vinte metros. Logo de comer un menú “supersán” (patacas fritidas e un nugget), deixáronnos montar en todas as atraccións que desexamos. Unha tarde fantástica!

O xoves tiñamos previsto ir en bicicleta con Greet, a directora belga, e seu pai, pero anulouse por cuestións meteorolóxicas. En cambio formos ao Center Parcs de Vossemeren onde xogamos, nadamos e desfrutamos de tobogáns e pontes colgantes. Pasámolo moi ben! Ao mediodía comemos o pícnic que preparamos no hotel. Logo volvimos ao colexio para a entrega dos premios do xogo da busca do tesouro do martes e despois tomamos unha pequena merenda antes de irmos ás casas belgas onde ceamos, xogamos e nos deron un agasallo. Despedímonos no colexio. Eran ás oito e media cando puxemos rumbo ao hotel cos nosos profesores.

O venres saímos ás oito e cuarto nun autobús de dous pisos cara ao famoso cemiterio americano Henri Chapelle no que hai enterrados aproximadamente 8000 soldados da Segunda Guerra Mundial. En fronte del xantamos para despois irmos ás Ardenas a practicar o sendeirismo polo monte. Fixemos varios grupos e, ao final, resultou que se perderan dous dos alumnos belgas, pero finalmente apareceron e chegaron sans e salvos. Logo fomos a Remouchamps onde comemos a famosa fritura belga a base de patacas fritidas (de novo) e unha salchicha. Xogamos e volvemos ao hotel.

O sábado collemos o bus até un porto para embarcar no barco De Zander e navegamos polos canais dende o lago Zilvermeer . Alí explicáronnos o funcionamento das esclusas. Despois dunha xenial experiencia, andamos até o parque acuático Sunparks no que xantamos e despois bañámonos. Ás oito da tarde ceamos e despois, os que quixeron ver a Champions League, foron aos cuartos dos compañeiros.

O domingo estivemos no Festival do colexio belga onde bailaban os nenos de todos os cursos. Despois fixémolo os nenos de Burela, de Romanía e de Malta. Cando acabamos todos, usamos unhas fichas que nos deran previamente para podelas gastar en comida que prepararan as nais dos nenos belgas. Tamén había xogos. Ese día despedímonos deles. Deunos moito pena, xa que non sabemos se nos imos volver ver.

  

Burela, 29 de maio de 2013.

Despedida cun festival no GBS De Bosmier

Bélxica 2013 - 7ª Etapa
Ler máis (fotos)

Erguémonos ás oito da mañá e fomos almorzar. Despois de dar un pequeno paseo polo monte, sacamos unha foto en grupo e logo ensaiamos os bailes para o festival do colexio belga.

Un día pasado por auga... e sen chover

Bélxica 2013 - 6ª Etapa

Ler máis (fotos) 

Hoxe levantámonos máis tarde do normal. Eran as 8:00 da mañá.

Despois dun longo almorzo, fomos no autobús ata un barco belga chamado Zander no lago Zilvermeer, onde nos explicaron a función das esclusas:

Viaxe a “Les Ardennes”

Bélxica 2013 - 5ª Etapa

Saímos do hotel ás 8:15 nun autobús de dous pisos cos nosos compañeiros do proxecto europeo. Chegamos ás 10:30 ao cemiterio americano Henri Chapelle. Quedamos sorprendidos da cantidade de tumbas dos soldados americanos da II Guerra Mundial. Había arredor de 8.000 tumbas.

Comemos ás 11:30h e despois puxemos rumbo a Nonceveux onde fixemos a ruta Ninglingspo ao lado do río. Chegamos ao cumio ás 15:00, para empezar a descender despois de descansar un cacho.

Distribuir contido


by Dr. Radut