Documentos

ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de ADMISIÓN DO ALUMNADO nos centros docentes sostidos con fondos públicos.

Artigo 26. Presentación de solicitudes

1. As solicitudes (ED550A e ED550B) presentaranse preferiblemente por vía electrónica, mediante o formulario normalizado dispoñible na aplicación informática admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente no centro docente indicado en primeiro lugar ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Artigo 27. Prazo de presentación de solicitudes

1. O prazo de presentación de solicitudes de reserva (ED550A) comprende entre os días 15 de xaneiro e 4 de febreiro (ambos incluídos).

2. O prazo de presentación de solicitude de admisión (ED550B) comprende entre o día 1 e o 20 de marzo (ambos incluídos).

Artigo 41. Formalización da matrícula

1. O alumnado admitido, cando sexa necesario, formalizará a súa matrícula no correspondente centro docente nos prazos seguintes:

a) Para o alumnado de educación infantil e primaria: do 20 ao 30 de xuño.

b) Para o alumnado de educación secundaria obrigatoria e bacharelato: do 23 de xuño ao 7 de xullo.

Plan Dixital

FORMALIZACIÓN MATRÍCULA CURSO 22/23 PARA O ALUMNADO DE NOVA INCORPORACIÓN AO CENTRO

Segundo a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado (de nova incorporación) en centros docentes sustentados con fondos públicos, aqueles admitidos/as teñen que formalizar a matrícula do 20 ao 30 de xuño de 2022 para o vindeiro curso escolar 2022-2023. Deberán cubrir o documento que se achega no PDF adxunto, o modelo do Anexo III-1 da devandita Orde, e entregalo na dirección do colexio.

ACTUALIZACIÓN DO PROTOCOLO COVID-19

A consellería de Cultura, Educación e Universidades ven de publicar unha actualización do protocolo de adaptación ao contexto da Covid-19 nos centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2021-2022.

ACCEDE Á VERSIÓN 20/05/2022

IMPRESOS PARA A MATRÍCULA DO ALUMNADO DE NOVA INCORPORACIÓN-CURSO 2021/2022

IMPORTANTE: SÓ PARA O ALUMNADO QUE SE MATRICULA POR PRIMEIRA VEZ NO CENTRO.

  • NOS FICHEIROS ADXUNTOS PODEDES DESCARGAR OS DOCUMENTOS A CUBRIR E ENTREGAR POSTERIORMENTE NO CENTRO EDUCATIVO.
  • CALQUERA DÚBIDA CONTACTAR AO TELÉFONO 988 32 42 05

OS IMPRESOS SON DOUS (TEDES QUE DESCARGALOS, IMPRIMILOS E CUBRILOS):

  1. DOCUMENTO DE FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA. TAMÉN PODES DESCARGAR PREMENDO AQUI
  2. CUESTIONARIO DA LINGUA MATERNA. TAMÉN PODES DESCARGAR PREMENDO AQUI

ADEMÁIS, XUNTO A ESTES IMPRESOS CUBERTOS DEBEDES APORTAR A SEGUINTE DOCUMENTACIÓN:

  • 2 FOTOGRAFÍAS TAMAÑO CARNÉT DO/A ALUMNO/A
  • FOTOCOPIA DNI DOS PROXENITORES
  • FOTOCOPIA DAS VACINAS DO ALUMNO/A SOLICITANTE
  • CERTIFICADO DE EMPADRONAMENTO
  • FOTOCOPIA DA CARTILLA DA SEGURIDADE SOCIAL (TARXETA SANITARIA).
  • FOTOCOPIA DA RESOLUCION XUDICIAL NO CASO DE DIVORCIO.

LEMBRADE QUE O PRAZO PARA A ENTREGA DOS IMPRESOS E DA DOCUMENTACIÓN É:

  • DENDE O MÉRCORES DÍA 23 ATA O MÉRCORES DÍA 30 DE XUÑO DE 2021 (DE 10:00 A 12:00H.)

DENDE O DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN, AQUÍ TEDES UNHAS RECOMENDACIÓNS/ORIENTACIÓNS DE CARA A INCORPORACIÓN DO ALUMNADO POR PRIMEIRA VEZ:

PLAN ENSINO VIRTUAL NO CONTEXTO COVID-19

Estimadas familias:

Tendo en conta a normativa establecida no Plan de Ensino Virtual ante a Covid-19, aprobado pola Resolución conxunta, do 4 de novembro de 2020, das Consellerías de Cultura, Educación e Universidade e de Sanidade pola que se aproba a actualización do “Protocolo de adaptación ao contexto da covid 19 nos centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2020- 2021” (...) en centros educativos non universitarios, o centro escolar elaborou dito Plan incluido no Plan de Contixencia que podedes consultar no Anexo I do Plan de adaptación á situación Covid-19 no curso 2020/2021.

Ante un posible peche de aula ou de centro no contexto Covid-19, o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria terán un "Horario espello"  que se realizará a través da plataforma Webex (60% da carga lectiva de cada materia e o 40% restante para dedicación persoal do alumno para realizar aquelas tarefas programadas na Aula Virtual).

En canto ao alumnado de Educación Infantil (3, 4 e 5 anos) e o alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria, recibirán atención educativa a través da Aula Virtual. Ademais, de xeito voluntario e puntual terán a posibilidade de contactar cos mestres para titorías/seguimento das tarefas a través da plataforma Webex.

Os titores poranse en contacto con todas as familias do alumnado do centro para levar a cabo probas piloto nos vindeiros días.

O alumnado con NEE recibirá ademais da atención educativa pola Aula Virtual, tamén a través da plataforma Webex, mediante videochamadas programadas todas as semanas cos especialistas (AL/PT).

En caso de peche pola situación Covid-19, o alumnado de 3º,4º,5º e 6º E.P. está obrigado a participar nas clases non presenciais con aproveitamento. Para garantir o dereito á educación e á equidade, o centro pon á disposición das familias que así o precisen, os equipos informáticos necesarios para o seguimento do ensino virtual (agás o alumnado incorporado ao Proxecto E-Dixgal, posto que xa dispón de ultraportatil). Para solicitar un equipo informático contactar coa dirección do centro.

O obxectivo ante esta posible situación será que o ensino virtual sexa o máis similar posible ao presencial.

Un saúdo.

Andrea Tato Vega.

NOTA: Os horarios espello serán próximamente publicados nos blogs das aulas, facilitando as ligazóns ás salas webex de cada mestre en cada unha das sesión/materias.

ACTUALIZACIÓN DO PROTOCOLO COVID-19

Actualización do Protocolo de adaptación ao contexto da Covid-19 nos centros de ensinanza non universitaria de Galicia para o curso 2021-2022 - versión 06/07/21. Preme aquí.

 

Segundo a Resolución conxunta, do 4 de novembro de 2020, das Consellerías de Cultura, Educación e Universidade e de Sanidade pola que se aproba a actualización do “Protocolo de adaptación ao contexto da covid 19 nos centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2020-2021” (...) en centros educativos non universitarios, informamos que:

 

  • Se algunha persoa do núcleo familiar convive cunha persoa cun diagnóstico positivo da Covid-19, o alumnado ou o persoal do centro que convivan coa persoa positiva non poderán acudir ao centro, en virtude de ser considerados contactos estreitos. Os conviventes dunha persoa con síntomas compatibles coa Covid (alumno/a ou profesional) que se encontre á espera do resultado, evitarán as interaccións sociais que sexan prescindibles ata que se confirme o resultado, pero non será necesario que garden corentena no domicilio, podendo acudir tanto á escola como ao seu posto de traballo.

 

  • No caso de que se detectase sintomatoloxía compatible na casa, o alumnado non acudirá ao centro e el/ela ou a súa familia contactará co centro de saúde de referencia do alumno/a dentro das seguintes 24 horas e con algunha das persoas membros do equipo Covid á maior brevidade posible. Para a xustificación da ausencia, non será necesaria ningún xustificante médico, abondará co comprobante dos/as pais/nais ou titores/as legais. As ausencias derivadas desta causa terán a consideración de xustificadas aos efectos do protocolo de prevención de absentismo escolar.

 

  • Para o alumnado de 1º e 2º ciclo de Educación Infantil, restrinxirase o uso do xel hidroalcóholico e priorizarase o uso de agua e xabón ou outros tipos de solucións xabonosas. Para o alumnado de Educación Primaria extremarase o coidado coa utilización do xel hidroalcohólico, administrando unha cantidade de xel adecuada ao tamaño da man de cada neno/a, informando aos nenos e nenas de que debe ser absorbido antes realizar outras tarefas. Nos grupos de idade ata os 7 anos, deberase prestar especial atención por parte dos coidadores á aplicación do xel por parte do alumnado. 

INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS

Estimadas familias:

 

Co fin de establecer canles de comunicación efectivas recordade que:

 

Para consultas xerais sobre o funcionamento e organización do centro e as aulas tedes a vosa disposición o correo electrónico: ceip.virxedocamino@edu.xunta.gal e tamén o número de teléfono 988 32 42 05

A aplicación ABALAR MÓBIL, permite só ao profesorado enviar notificacións e avisos ás familias. As familias poden soliticiar titorías e consultar e/ou responder mensaxes recibidas, cando sexa o caso. 

Para consultas e avisos sobre o Plan ou Protocolo COVID, e contactar co Equipo COVID do colexio, na seguinte ligazón: PREME AQUÍ

 

Para acceder ao modelo de xustificante de faltas de asistencia do alumnado, achégase un PDF como ficheiro adxunto. Pero se non tedes para imprimilo na casa, podedes solicitarllo ao mestre/a titor/a ou chamando ao teléfono do colexio. (Este xustificante, cando un alumno/a falte, poderá ser entregado unha vez dito alumno/a se incorpore de novo ás clases). IMPORTANTE: Non é necesario nin obrigatorio o xustificante médico cando non asistan por síntomas ou sospeitas de síntomas Covid. (Excepto se unha vez feita a proba, resultase positivo).

 

Para a aula virtual, en canto sexa posible se vos facilitarán os novos códigos de acceso a dita plataforma. (Non serven os do curso pasado). Recordamos tamén que o alumnado de Infantil, 1º e 2º de primaria, aínda que non sexa obrigatorio que teñan un seguimento por Aula virtual no caso de suspensión das clases presenciais poderemos empregar tanto dita plataforma coma outras ferramentas dixitais.

Aclaración: O correo electrónico: ceipvirxedocamino@gmail, é unha conta que se empregou e se poderá empregar para actividades puntuais, para actividades da aula virtual, envío de arquivos, comunicación entre familias, alumnado, mestres e titores no ensino a distancia, etc... Pero non para resolver dúbidas do funcionamento xeral do centro e das aulas, nin asuntos relacionados co protocolo COVID.

 

Atentamente, o Claustro.

PLAN ADAPTACIÓN COVID-19

Para poder acceder ao Plan de adaptación á situación Covid-19 no curso 2020/2021 do CEIP Plurilingüe Virxe do Camiño, só tes que premer nesta ligazón: IR AO PLAN ADAPTACIÓN COVID

Tamén poderás descargar o documento e a cartelería propia do noso centro.

DESCARGA MODELO DE XUSTIFICANTE PARA FALTAS DE ASISTENCIA DO ALUMNADO

Achegamos modelo para descargar e imprimir. En dous formatos: PDF e Word. Podedes descargalo aquí, ou solicitarnos unha fotocopia por e-mail ou por teléfono. Unha vez cuberto, cando o alumno/a regrese ás aulas, entrégallo ao seu mestre/a titor/a. Ou ben o podedes remitir tanto por correo ordinario como por correo electrónico.

Lembra que no caso de presentar síntomas ou sospeita dos mesmos compatibles con Covid-19, NON debemos ir ao colexio. Quedamos en casa, en situación de illamento preventivo e avisamos ao noso médico/a seguindo as súas instrucións. Tamén chamamos ao colexio para notificar a ausencia. Pero non hai que entregar xusfiticante médico nestes casos, abonda o xusfificante familiar en canto se poida.

Salvo que presentemos síntomas de gravidade, non debemos acudir aos Centros de Saúde, primeiro hai que avisar por teléfono.

Moitas Grazas

Distribuir contido (C01 _th3me_)