CAMPAÑA PARA FESTEXAR AS LETRAS GALEGAS CO CCA - O BARCO

Un ano máis, a asociación Centro Comercial Aberto (CCA) O Barco colabora cos Equipos de Dinamización da Lingua Galega dos centros educativos de O Barco, aos que se unen este 2023 os colexios de Rubiá e Sobradelo, na organización da campaña “Francisco Fernández del Riego: tecedor de redes” para festexar as Letras Galegas 2023.

Os establecementos asociados ao CCA O Barco e participantes na campaña, un total de trinta e nove, amosarán nos seus escaparates cartas de Francisco Fernández del Riego decoradas e con selos coa imaxe do autor elaborados polo alumnado dos centros educativos.