"TECEDOR DE REDES"

Os centros de ensino valdeorreses tecen unha xigantesca rede a prol da lingua galega no Malecón do Barco.

Unha gran rede estendese ao longo do Paseo do Malecón do Barco. Dela penduran multitude de imaxes, debuxos e mesmo caricaturas dos autores homenaxeados ao longo dos 60 anos de celebración do Día das Letras Galegas, xunto as súas biografías. E, entre eles, a do 2023, Francisco Fernández del Riego, promotor da celebración desta data tan especial para a lingua, literatura e cultura galegas.

Esta iniciativa forma parte das actividades da campaña “Francisco Fernández del Riego: tecedor de redes”, promovidas por sete centros, entre eles, o noso.