Familias

ANUNCIO DE APERTURA DO PRAZO DE ADMISION DE COLABORADORES VOLUNTARIOS PARA COMEDOR

As nais, os pais, os/as titores/as legais do alumnado deste centro de ensino que desexen ao longo do curso 2022-2023, colaborar de xeito altruista (12,50€ por día) nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar, poderán apuntarse nas listas de admisión abertas ata o día 8 de setembro de 2022.

 

ANUNCIO PARA RESERVA DE PRAZA COMO USUARIO/A DO COMEDOR ESCOLAR NO CURSO 2022-2023

Xa está aberto o prazo para reservar praza como usuario/a no servizo de comedor, de cara ao vindeiro curso escolar 2022-2023. É preciso cubrir o Anexo II que se achega, descargando e imprimindo o ficheiro adxunto (PDF) ou que tamén podedes pasar a recoller no centro ata o venres 1 de xullo de 2022, de 10:00h. a 13:00h.

Data límite para entregar o Anexo II cuberto: 7 de setembro de 2022.

LISTAXE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2022-2023

LIBROS CURSO 2022-2023

EDUCACIÓN INFANTIL

PROXECTO CROQUETA EDELVIVES-TAMBRE EN GALEGO. 

EAN/ISBN

TITULO

9788490000000

Croqueta 3 anos. Primeiro trimestre

9788490000000

Croqueta 3 anos. Segundo trimestre

9788490000000

Croqueta 3 anos. Terceiro trimestre

9788490000000

Croqueta 4 anos. Primeiro trimestre

9788490000000

Croqueta 4 anos. Segundo trimestre

9788490000000

Croqueta 4 anos. Terceiro trimestre

9788490000000

Croqueta 5 anos. Primeiro trimestre

9788490000000

Croqueta 5 anos. Segundo trimestre

9788490000000

Croqueta 5 anos. Terceiro trimestre

 

EDUCACIÓN PRIMARIA

1º DE EDUCACIÓN PRIMARIA (EDITORIAL EDELVIVES-TAMBRE)

9788414037713

Lengua Castellana y Literatura 1.º Primaria cuadrícula A - Sin prisa

9788414037751

Matemáticas 1.º Primaria cuadrícula

9788490464175

Lingua Galega e Literatura 1.ºPrimaria 2022

9788490464182

Ciencias da Natureza 1.º Primaria 2022

9788490465226

Ciencias Sociais 1.º Primaria 2022

 

2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

MATEMÁTICAS – EDELVIVES

9788414013571

LENGUA CASTELLANA – EDELVIVES

9788414013502

LINGUA GALEGA – EDELVIVES

9788490463550

CIENCIAS DA NATUREZA – EDELVIVES

9788490462980

CIENCIAS SOCIAIS – EDELVIVES

9788490463031

 

3º DE EDUCACIÓN PRIMARIA (EDITORIAL EDELVIVES-TAMBRE)

9788414037812

Lengua Castellana y Literatura 3.º Primaria

9788414037829

Matemáticas 3.º Primaria

9788490464199

Lingua Galega e Literatura 3.ºPrimaria 2022

9788490464205

Ciencias da Natureza 3.º Primaria 2022

9788490465233

Ciencias Sociais 3.º Primaria 2022

 

4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

LINGUA CASTELÁ : PROYECTO SABER HACER. SANTILLANA

978-84-680-2956-6

LINGUA GALEGA: PROYECTO SABER HACER. SANTILLANA

978-84-9972-616-8

CIENCIAS NATURAIS - N-4-SPXED. EDELVIVES 

9788490460931

CIENCIAS SOCIAIS: 4-SPX ED. EDELVIVES

9788490460955

MATEMÁTICAS:  ED. VICENS VIVES

978-84-682-2881-5

 

5º e 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

-      

Edixgal

 

FORMALIZACIÓN MATRÍCULA CURSO 22/23 PARA O ALUMNADO DE NOVA INCORPORACIÓN AO CENTRO

Segundo a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado (de nova incorporación) en centros docentes sustentados con fondos públicos, aqueles admitidos/as teñen que formalizar a matrícula do 20 ao 30 de xuño de 2022 para o vindeiro curso escolar 2022-2023. Deberán cubrir o documento que se achega no PDF adxunto, o modelo do Anexo III-1 da devandita Orde, e entregalo na dirección do colexio.

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO. AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO ESCOLAR 2022/23

DESTINATARIOS: 

  • Fondo solidario de libros de texto: alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de EP e en 1º, 2º, 3º e 4º da ESO.
  • Axudas para adquirir libros de texto: alumnado matriculado en 1º e 2º de EP e en educación especial (EE).
  • Axudas para adquirir material escolar: alumnado matriculado en EP.
  • O alumnado matriculado nos centros e cursos incluídos no proxeito educación dixital (EDIXGAL) no curso 2022/23 eatán excluídos da partcipación no fondo solidario de libros de texto e da axuda para adquirir libros de texto. Non obatante, poderán solicitar a axuda para adquirir material escolar.

FORMA DE PRESENTACIÓN:

  • Ademais da presentación presencial no centro, igual que no curso anterior, os cidadáns poderán realizar a solicitude accedendo á aplicación Fondolibros
  • Prazo de presentación: ata o 22 de xuño de 2022
  • Mais info: http://www.edu.xunta.gal/portal/fondolibros

Achéganse os anexos para cubrir nos PDF adxuntos.

 

 

 

 

MENÚ COMEDOR: MARZO 2022

Achégase o menú escolar do mes de marzo. No arquivo adxunto pódese descargar en formato PDF para imprimir.

MENÚ COMEDOR: DECEMBRO 2021

Achegamos o menú escolar do comedor para o mes de decembro. Coma sempre podedes descargar o arquivo adxunto en PDF.

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO MATRICULADO EN EDUCACIÓN PRIMARIA PARA O CURSO 2021-2022

Tendo en conta a ORDE do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería, así como en centros privados concertados, no curso 2021/22 (código de procedemento ED330E).

infórmase que o alumnado beneficiario é o seguinte:

Alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial:

a) Non ten que presentar solicitude: O alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022.

b) Ten que presentar solicitude:O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022 que cumpra algunha das seguintes condicións:

• Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.

• Alumnado matriculado en educación especial.

• Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.

• Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

Achégase a ORDE, PERO SÓ É NECESARIO IMPRIMIR E CUBRIR os ANEXOS I e ANEXOS II (aqueles que estean no caso (b) de ter que presentar solicitude). Ver o PDF adxunto.

MENÚ COMEDOR MES DE NOVEMBRO/21

Xa está dispoñible o menú do mes de novembro para o comedor escolar. Podedes descargar o PDF no arquivo adxunto.

MENÚ COMEDOR: OUTUBRO 2021 E INICIO DA XORNADA PARTIDA

O HORARIO DE XORNADA PARTIDA É O SEGUINTE:

  • ENTRADA ÁS 10:00H. DA MAÑÁ. (AS PORTAS ABRIRANSE 10 OU 15 MINUTOS ANTES)
  • SAÍDA ÁS 16:30H. DA TARDE.

ACHÉGASE O MENÚ DO COMEDOR ESCOLAR CORRESPONDENTE AO MES DE OUTUBRO.

PODEDES DESCARGALO EN PDF NO FICHEIRO ADXUNTO.

LEMBRADE QUE A PARTIR DE OUTUBRO COMEZAMOS COA XORNADA PARTIDA ATA O MES DE MAIO 2022. O HORARIO DO COMEDOR NESTE CASO É DE 13:30 ÁS 15:00H. O ALUMNADO QUE VAI A COMER A CASA DEBE ENTRAR 5 MINUTOS ANTES DAS 15:00H.

 

Distribuir contido (C01 _th3me_)