Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | ||||||
2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 |
9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 |
16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 |
23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 |
30 |
PODES DESCARGAR O FICHEIRO ADXUNTO EN FORMATO PDF PARA UNHA MELLOR LECTURA
Lembrade que neste mes de maio, os vindeiros días: Xoves 13, Venres 14 e Luns 17, non son lectivos. Corresponden aos dous festivos locais de Rubiá e ao festivo autonómico das Letras Galegas.
Atentamente, a dirección.
A Consellería de Sanidade presenta o portal web “Xanela aberta á familia” e a guía de alimentación “O ABC do consello alimentario na infancia”.
“Xanela aberta á familia” é unha iniciativa para a promoción da saúde infantil con información útil para pediatras, docentes e familias. O seu desenvolvemento está enmarcado dentro do proxecto Riscar, no cal colaboran as administracións competentes de Portugal, Galicia, Castela e León, Extremadura e Andalucía. Inclúe información sobre a alimentación saudable, a actividade física, a saúde e o benestar emocional. A información deste portal organízase ao redor de cada unha das etapas da crianza, desde o embarazo ata a adolescencia e caracterízase por incluír ademáis dos aspectos estritamente informativos, consellos, pautas de actuación e suxestións.
Nesta web, dentro do apartado de alimentación saudable pódese consultar a guía de alimentación “O ABC do consello alimentario na infancia”. Esta guía achega información, ideas e estratexias para acadar un axeitado patrón alimentario tanto no ámbito familiar como nos centros educativos. As recomendacións foron moduladas segundo os condicionantes do feito alimentario, en forma de connotacións sociais, culturais e fisiolóxicas. Consta de distintas seccións nas que ofrece información sobre a composición nutricional dos alimentos, a súa conservación e as distintas elaboracións. Inclúe tamén consellos para facer unha compra saudable e distintas receitas para todas as comidas do día co fin de facilitar a tarefa cotiá de elixir, mercar e preparar alimentos
Para máis información:
Portal web de “Xanela aberta á familia”: https://vida-saudable.sergas.gal/
Guía de alimentación “O ABC do consello alimentario na infancia”: ligazón
Inscripción no sistema de avisos da “Xanela aberta á familia”: ligazón
O día do aniversario pode ser o día máis desexado para @s nos@s nen@s. Dende o colexio celebrámolo o último día do trimestre no comedor.
Neste primeiro trimestre cumpriron anos: SERGIO N, IRÍA, MANUEL, ARTAI, MATÍAS, CARLOS, DARÍO, AISHA, SARA, HUGO, LARA, PAULINA, XULIA, RAMON, KEVIN e IRENE. Parabéns a tod@s!
Aquí vos deixamos o menú do mes de xaneiro. Para poder descargalo e imprimilo, só tedes que premer no arquivo adxunto.
Bo proveito!
AS NENAS E NENOS DO COLEXIO DE RUBIÁ, CANTAN PARA CELEBRAR O NADAL ESTA FERMOSA CANCIÓN DE LACCHETTI-PERINI: "FELIZ NAVIDAD PARA EL MUNDO"
TODA A COMUNIDADE ESCOLAR DESEXA UN ANO NOVO CHEO DE ILUSIÓN, ESPERANZA E SAÚDE.
Estimadas familias:
Segundo a norma 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en Educación Primaria, ESO e Educación Especial, en centros docentes públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, infórmase de que o ALUMNADO DE EDUCACIÓN PRIMARIA do CEIP Plurilingüe Virxe de Camiño (Rubiá):
1.- Non ten presentar solicitude o alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 20/21.
2.- Ten que presentar solicitude o alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 20/21 que cumpra algunha das seguintes condicións:
A SOLICITUDE ÚNICAMENTE SE PODERÁ PRESENTAR DE FORMA PRESENCIAL NO CENTRO EDUCATIVO DO 16 AO 27 DE NOVEMBRO.
O centro adquirirá as máscaras tendo en conta os criterios establecidos nas instrucións de material hixiénico-sanitario Covid-19.
NOTA ACLARATORIA:
Para calquera dúbida ou aclaración, poñédevos en contacto conmigo.
Un saúdo.
Andrea Tato.
Os horarios espello tamén se poden consultar tanto nos blogs das aulas correspondentes, como na aula virtual. Premendo sobre cada sesión ou materia, poderase acceder directamente á sala persoal do mestre que a imparte. Tamen nos blogs poderedes atopar sinxelas instrucións para conectarse por videochamada na plataforma webex.
AULA AZUL. HORARIO ESPELLO PARA TERCEIRO DE PRIMARIA
horas-
sesións |
LUNS |
MARTES |
MÉRCORES |
XOVES |
VENRES |
10:00 –10:30 |
CIENCIAS SOCIAIS |
LENGUA CASTELLANA |
|||
10:30 –11:00 |
LINGUA GALEGA |
||||
11:00 – 11:30 |
|||||
11:30-
|
RECREO (DESCANSO) |
||||
12:00 – 12:30 |
LENGUA CASTELLANA |
MÚSICA |
CIENCIAS DA NATUREZA |
LENGUA CASTELLANA |
LINGUA GALEGA |
12:30 – 13:00 |
HORAS/ SESIÓNS |
LUNS |
MARTES |
MÉRCORES |
XOVES |
VENRES |
10:00- 10:30 |
|||||
10:30- 11:00 |
|||||
11:00- 11:30 |
EDUCACIÓN FÍSICA | ||||
11:30- 12:00 |
RECREO (DESCANSO) |
||||
12:00- 12:30 |
EDUCACIÓN FÍSICA | ||||
12:30- 13:30 |
PARA O ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL:
Para realizar unha videoconferencia por Webex, non é obrigatorio instalar a aplicación. De todos xeitos quen desexe instalar a app (webex meetings) pode facelo dende a seguinte ligazón: https://www.webex.com/downloads.html
Estimadas familias:
Tendo en conta a normativa establecida no Plan de Ensino Virtual ante a Covid-19, aprobado pola Resolución conxunta, do 4 de novembro de 2020, das Consellerías de Cultura, Educación e Universidade e de Sanidade pola que se aproba a actualización do “Protocolo de adaptación ao contexto da covid 19 nos centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2020- 2021” (...) en centros educativos non universitarios, o centro escolar elaborou dito Plan incluido no Plan de Contixencia que podedes consultar no Anexo I do Plan de adaptación á situación Covid-19 no curso 2020/2021.
Ante un posible peche de aula ou de centro no contexto Covid-19, o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria terán un "Horario espello" que se realizará a través da plataforma Webex (60% da carga lectiva de cada materia e o 40% restante para dedicación persoal do alumno para realizar aquelas tarefas programadas na Aula Virtual).
En canto ao alumnado de Educación Infantil (3, 4 e 5 anos) e o alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria, recibirán atención educativa a través da Aula Virtual. Ademais, de xeito voluntario e puntual terán a posibilidade de contactar cos mestres para titorías/seguimento das tarefas a través da plataforma Webex.
Os titores poranse en contacto con todas as familias do alumnado do centro para levar a cabo probas piloto nos vindeiros días.
O alumnado con NEE recibirá ademais da atención educativa pola Aula Virtual, tamén a través da plataforma Webex, mediante videochamadas programadas todas as semanas cos especialistas (AL/PT).
En caso de peche pola situación Covid-19, o alumnado de 3º,4º,5º e 6º E.P. está obrigado a participar nas clases non presenciais con aproveitamento. Para garantir o dereito á educación e á equidade, o centro pon á disposición das familias que así o precisen, os equipos informáticos necesarios para o seguimento do ensino virtual (agás o alumnado incorporado ao Proxecto E-Dixgal, posto que xa dispón de ultraportatil). Para solicitar un equipo informático contactar coa dirección do centro.
O obxectivo ante esta posible situación será que o ensino virtual sexa o máis similar posible ao presencial.
Un saúdo.
Andrea Tato Vega.
NOTA: Os horarios espello serán próximamente publicados nos blogs das aulas, facilitando as ligazóns ás salas webex de cada mestre en cada unha das sesión/materias.
Actualización do Protocolo de adaptación ao contexto da Covid-19 nos centros de ensinanza non universitaria de Galicia para o curso 2021-2022 - versión 06/07/21. Preme aquí.
Segundo a Resolución conxunta, do 4 de novembro de 2020, das Consellerías de Cultura, Educación e Universidade e de Sanidade pola que se aproba a actualización do “Protocolo de adaptación ao contexto da covid 19 nos centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2020-2021” (...) en centros educativos non universitarios, informamos que:
O pasado venres día 30 de outubro tivo lugar a celebración popular do Samaín no cole.
Degustaron unha comida terrorífica no horario de comedor. Para a ocasión viñeron disfrazados da casa pola mañá.
Ademais realizamos unha exposición virtual de cabazas a partir das fotos recibidas polas familias.
Moitas grazas pola vosa colaboración.