Complementarias

Actividades complementarias.- aquelas que se levan a cabo fóra do recinto escolar ou fóra do horario lectivo.

ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: TEATRO DE MONICREQUES

O venres 2 de outubro tivemos teatro de monicreques na escola. A compañía Mircromina Títeres representou "Cousas de casa", un espectáculo que realiza un percorrido por aqueles conceptos que nos permiten reflexionar acerca da igualdade entre mulleres e homes nos distintos ámbitos.

Grazas por organizar a GDR7 Valdeorras e ao Concello de Rubiá por colaborar. Pasámolo xenial!

Despois realizouse un sorteo de libros a cargo dos organizadores.

MÁIS FOTOS E VÍDEOS NO BLOG: A NOVA BIBLOGUETA INCLUSIVA

CHARLA DE HIXIENE BUCODENTAL

O martes 28 de Xaneiro visitou o colexio Yolanda a hixienista bucodental do Centro de Saúde de O Barco para darnos unhas charlas informativas sobre a importancia do lavado dos dentes despois da inxesta de azucres. Amosoulles como cepillar os dentes coa técnica axeitada e que tiñan que estar sobre dous minutos, os cales lles pareceron eternos. Ademais ensinoulles a cantidade de azucres que teñen as súas merendas favoritas quedando anonadados coa cantidade tan elevada de azucre que teñen os diferentes productos

 

alimentarios.

EXCURSIÓN PONFERRADA 23 OUTUBRO/2019

 O día 23 de Octubro fomos de visita a Ponferrada e damos así comezo o noso Proxecto deste ano no que versa sobre as artes, tendo en conta eso arrancamos vendo unha obra de teatro, no Teatro Bergidum foi un espectáculo innovador que buscou introducir e educar os maís xovenes sobre o mundo da música electrónica de unha forma amena e diferente.A experiencia musical está interpretada con instrumentos futuristas como o theremin —o único instrumento do mundo que se toca sen a necesidade de contacto físico—, o keytar —mitade guitarra e mitade teclado—, e o EWI (electronic wind instrument) —un instrumento de vento electrónico similar a frauta en apariencia, pero con un sinfín de posibilidades—, ademaís de outros moitos instrumentos singulares.

Deixamos unha pequena mostra do que poidemos disfrutar.

Pero non quedou eiqui a nosa visita, a continuación, fomos de visita o Castelo dos Templarios e finalmente o cine disfrutando da pelicula  "Abominable".

 

CABÁRCENO 2019

COCIÑANDO POLA IGUALDADE

SAÍDA A CONTORNA

SAIDA AO TEATRO LAURO OLMO

O noso alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria,  sairon ao teatro Lauro Olmo, nesta ocasión tiveron a oportunidade de ver a obra “Unboxing Alice”  que trata sobre o moito tempo que transcurriu dende que Alicia visitou Wonderland por última vez e o momento no que toca volver visitalo. Nese momento Alicia dáse conta que chegou o momento de actualizarse. Tweedle Dee e Twee Dum soben ao coche dos youtubers e son os encargados de guiarnos a través dunha hilarante viaxe para dar a coñecer a verdadeira natureza de Alicia. A obra baséase na participación do público, unha experiencia práctica e divertida para asimilar novos coñecementos e aprender a expresarse en inglés.

 

 

 

Coma sempre a prensa acórdase de nós:

 

Os estudantes de Valdeorras asistiron a representación de “Unboxing Alice”

3 febrero, 2020
Publicidad

Estudantes de todos os colexios de primaria da comarca acudiron a representación desta obra que está interpretada en inglés

Os estudantes dos centros de educación primaria da Comarca de Valdeorras acudiron a representación da obra “Unboxing Alice” na mañá do 3 de febreiro no Teatro Lauro Olmo do Barco.

Durante algo máis dunha hora, e en dúas sesións para que todos os escolares puideran ver a obra, OnStage Company presentou a obra que trata sobre o moito tempo que transcurriu dende que Alicia visitou Wonderland por última vez e o momento no que toca volver visitalo.

Publicidad

Nese momento Alicia dáse conta que chegou o momento de actualizarse. Tweedle Dee e Twee Dum soben ao coche dos youtubers e foron os encargados de guiar aos cativos través dunha hilarante viaxe para dar a coñecer a verdadeira natureza de Alicia. Todo un “vídeo de desbloqueo”. Esta obra baséase na participación do público, unha experiencia práctica e divertida para asimilar novos coñecementos e aprender a expresarse en inglés.

A obra enmarcáse no proxecto “Corrente Cultural” que conta coa colaboración do Concello do Barco, Abanca e Afundanción, que leva a obra por diversas vilas e cidades de Galicia.

 

CHOLO E NELA 2019

 

Distribuir contido (C01 _th3me_)