Conmemoracións

LETRAS GALEGAS 2021

Como cada ano, celebramos as Letras Galegas, este ano 2021 dedicadas a Xela Arias. Profesora, poetisa, tradutora, editora, muller comprometida e nai. Xela Arias é un referente da poesía urbana contemporánea. E traduciu ou colaborou na tradución ao galego de grandes obras como "O enxenoso fidalgo Don Quixote da Mancha" de M. de Cervantes, "Drácula" de Bram Stoker, "Contos ao teléfono" de G. Rodari, "As bruxas" de Roald Dahl ou "O bosque animado" de Wenceslao R. Flórez. En poesía destacan os seus libros: "Darío a diario", "Tigres coma cabalos" ou "Intempériome".

O pasado mércores, Laura Iglesias, en representación do Concello de Rubiá entregou ao alumnado un libro en galego como agasallo para seguir fomentando a cultura e a literatura galega a través do hábito lector. E o alumnado traballou aunando dúas conmemoracións: o día do libro e o día das Letras Galegas. No patio cuberto están expostos os seus traballos: Un cómic a gran tamaño que relata a vida e obra de Xela Arias (polo alumnado da Aula Vermella), un mural a modo de gran fotograma sobre a película de animación "O bosque animado" (polo alumnado da Aula Verde), e uns carteis sobre Don Quixote, custodiados por dous muíños xigantes (polo alumnado da Aula Azul).

Para máis info sobre esta actividade, visitade o blog da nosa biblioteca.

Alumnado da aula Verde

Alumnado da aula Azul

Alumnado aula Vermella

 

22 DE MARZO. CONMEMORACIÓN DO DÍA MUNDIAL DA AUGA.

Como cada ano, a Deputación Provincial de Ourense agasalla ao alumnado cun libro cuxa temática está relacionada coa conmemoración da auga, e tamén coa semana escolar da árbore. Por iso aproveitamos a sesión diaria dedicada ao Proxecto Lector, para desfrutar da lectura destes exemplares, que posteriormente cada neno e nena puideron levar pasa a súa casa. Este ano o libro é o conto: "No país das augas" de Xosé A. Perozo e Viki Ferre. Ademais nas aulas tamén se levaron a cabo outras tarefas relacionadas co coidado e co ciclo da auga.

 

SEMANA DA PRENSA 2021

Do 8 ao 12 de marzo, conmemorouse a Semana escolar da Prensa. Para ver as actividades levadas a cabo no noso centro, accede á entrada do Blog da Biblioteca: PREMENDO AQUI

CONMEMORACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

A orixe desta conmemoración está na proposta realizada por Clara Zotkin na II Conferencia Internacional de Mulleres Socialistas, celebrada en Copenhague no 1910 coa finalidade de destacar a loita da muller pola súa participación dentro da sociedade, a prol da súa emancipación e do seu desenvolvemento íntegro como persoa. No ano 1972, a Asamblea Xeral das Nacións Unidas declarou o ano 1975 como Ano Internacional da Muller, quedando institucionalizada a data do 8 de marzo como Día Internacional polos dereitos da muller e a Paz Internacional.

Dende a nosa humilde aportación, traballamos nas aulas ao longo da semana previa, a biografía e o papel no que destacaron algunhas mulleres que non aparecen de xeito habitual nos libros de texto, e en consecuencia, quedan esquecidas na Historia, á cal fixeron grandes contribucións.

O luns tamén en colaboración coa ANPA  e atendendo ás pertinentes medidas de prevención, hixiene e seguridade establecidas no protocolo Covid-19, realizarase unha actividade de contacontos: "Contamos en igualdade", a cargo de Eduvia, así como a exposición do traballo nas aulas.

Atoparedes máis información sobre esta actividade no blog da biblioteca .

DÍA DA PAZ E A NON VIOLENCIA ESCOLAR

O venres 29 de xaneiro conmemoramos o día da Paz e a non violencia escolar con diferentes actividades levadas a cabo nas tres aulas. Se queres ver vídeos e fotos das tarefas e os resultados preme nas seguintes ligazóns que te levarán aos blogs correspondentes:

 

AULA VERDE (INFANTIL)

 

AULA AZUL

 

AULA VERMELLA

 

25N. CONMEMORACIÓN DO DIA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

Para conmemorar o día contra a violencia de xénero, o persoal do centro e o alumnado, participamos na elaboración dun video coma homenaxe a todas as víctimas da violencia machista, tomando prestada unha canción de Rozalén: "La puerta violeta".

Un traballo de equipo no que se integra a expresión corporal, musical e plástica, edentro dos proxectos do centro da Biblioteca, TIC e plurilingüismo.

Para ver o resultado, podedes facelo a través do noso Blog da Biblioteca: PREME AQUI

Letras Galegas 19/20

Hoxe é domingo, 17 de maio, é un día especial para Galicia e sabedes por que? Pois vóuvolo contar...

Cada 17 de maio, na cerna da primavera, celébrase que en Galicia temos unha lingua e unha literatura propia, só nosa, por iso celebramos o día das Letras Galegas.

E celébrase o 17 de maio porque nesa mesma data do ano 1963 Rosalía de Castro publicou o seu 1º libro en galego "Cantares gallegos".

Por iso cada 17 de maio celebramos o día das letras galegas para conmemorar esa 1ª publicación dunha muller e en galego, xa que de aquelas estaba prohibido publicar en galego. Un acto de valentía que recordamos todos os anos, cada 17 de maio.

Este ano 2020, as letras galegas está adicado ao ilustre filólogo e escritor ferrolán: Ricardo Carvalho Calero. Imos a coñecer cousas da súa vida co seguinte vídeo:

 

Dende o colexio non deixamos pasar esta data aínda que o celebraremos todos xuntos máis endiante. Os nosos nenos de infantil traballaron sobre o conto "As pitas baixo a chuvia". 

E fixeron diferentes actividades unha delas foi crear un carné para un animal con unha carenza especial, escribiron con catro letras do abecedario catro palabras e fixeron o debuxo, ata se animaron a escribir un micro-relato.

 

Os alumnos de primeiro e segundo tamén traballaron este día coa súa titora, e gustoulles o mesmo conto "As pitas baixo a choiva". Podedes ver o seu resultado:

A verdade que teñen moitas pitas no seu galiñeiro e moi fermosas todas.

Pero os compañeiros de terceiro e cuarto tamén se animaron a traballar este día, observade: 

 

Máis pitas para  o noso galiñeiro da virxe do camiño.

Pero quedan os máis maiores, quinto e sexto, os cales tamén participaron dende a súa aula tiñan que facer unha investigación do autor e facerse xornalistas por un día creando un artigo de prensa.

Fixádevos canto investigaron os nosos nenos:

 

RICARDO CARBALLO CALERO

 

“Este ano adicase o día das letras galegas ao filólogo e escritor, Ricardo Carballo Calero. 

Ricardo naceu en Ferrol, un 30 de outubro de 1910. Alí viviu ata rematar bacherelato, logo trasladouse a Santiago de Compostela.

Onde estudou dereito e filosofía e letras, ao mesmo tempo estibo alí cumprindo co servizo militar.

Estando alí entrou en contacto co Galeguismo, chegou a ser presidente da federación universitaria escolar.  En 1931 participou na creación do partido galeguista e contribuíu no 1936 o ante proceso de estatuto de autonomía de Galicia. Foi en 1933 cando regresou a Ferrol para traballar no concello e casar, cando comezou a colaborar con revistas literarias e iniciou a publicación dos seus libros poéticos, primeiro en castelán e despois en galego.

Escribiu en moitos xéneros: poesía, narrativa, ensaio e teatro; o que lle fixo recibir a medalla Castelao en 1984 e tamén o premio de crítica narrativa galega pola súa obra Escórpio en 1987. No ano 1990 foi distinguido co título de fillo predilecto de Ferrol; en ese ano faleceu en Santiago de Compostela."

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

LETRAS GALEGAS 2020

O Día das Letras Galegas é un día de exaltación da lingua de Galicia a través da súa manifestación literaria. Comezou a celebrarse o 17 de maio do 1963, coincidindo co centenario da primeira edición de Cantares gallegos, de Rosalía de Castro. Ata este ano 4 mulleres e 56 homes foron homenaxeados nas 58 edicións.

Este 2020 a Real Academia Galega decidiu homenaxear a Ricardo Carballo Cabero.

Catedrático de Lingüística e Literatura Galega e escritor. Licenciado en Dereito e Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) e doutor en Letras pola Universidade Central de Madrid.

Foi o secretario do Seminario de Estudos Galegos e partillou os principios políticos do Partido Galeguista (1931). Foi membro da Real Academia Galega. A partir de 1970 foi o principal teorizador e defensor das teorías para a normalización do galego.

Do seu traballo académico destacan a Historia da literatura galega contempóranea (1975) e mais Estudos rosalianos (1979). Como poeta, iniciouse en castelán con Trinitarias (1928) e La Soledad confusa (1931), para continuar en galego con Vieiros (1931) e O siléncio ajoellado(1934) ata a súa madurez en Anxo de Terra (1950). Como prosista abriu a xeira da novela galega da postguerra con A xente da barreira (1950, Premio Bibliófilos Gallegos). Tamén cultivou o xénero dramático de xeito continuado dende 1936, con obras como A sobra de Orfeu, 1948.

Héctor R.D.

 

 

 

 

 

 

Dende informática tamén participaron os máis maiores do centro creando un cómic sobre Carballo Calero, e sabedes que? Mirade os seus resultados:

 

 

 

 

23 DE ABRIL DÍA DO LIBRO

Aínda que temos unhas condicións excepcionais, os rapaces seguen a traballar nas súas casas, esta vez tratábase do Día do Libro. Fixeron diferentes actividades segundo o ciclo o que pertencían:

EDUCACIÓN INFANTIL:

A actividade consistía en escoller o seu conto preferido ou o personaxe protagonista e disfrazarse para tratar de imitar o máis posíbel a portada ou escena que se elixa.

 

 

 

 

 

PRIMEIRO E SEGUNDO:

A xogar cos contos en casa, xogaron a dicir un trabalinguas sen fallar, tiñan que recitar un trabalinguas e gravalo en vídeo. 

 

 

TERCEIRO E CUARTO:

A actividade consistía en inventar unha historia, así que os nenos e nenas de 3º e 4º de E.P. puxéronse mans á obra!.  

O titor Miguel comezaba unha historia e un alumno/a tiña que seguila, e así sucesivamente ata que todos inventaban un anaquiño do conto. 

Finalmente seleccionaron unhas imaxes acordes ca historia e crearon un vídeo-conto.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

QUINTO E SEXTO:

A actividade consiste na gravación de vídeos ou audios contando un conto ou relato pequeno.

 

Ademais fixeron outra actividade o visionado de un corto e a continuación realizaron unha ficha.

  

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Os humoristas galegos e o #díadolibro – Brétemas

 

FELIZ DÍA DO LIBRO 2020

 

 

A AULA MISTERIOSA DE 3º E 4º. CELEBRACIÓN DO DÍA DO LIBRO.

Hoxe é o día do libro, e que mellor maneira de celebralo que creando un conto entre todos.

A actividade consistía en inventar unha historia, así que os nenos e nenas de 3º e 4º de E.P. puxéronse mans á obra!.

O titor Miguel comezaba unha historia e un alumno/a tiña que seguila, e así sucesivamente ata que todos inventaban un anaquiño do conto.

Finalmente seleccionamos unhas imaxes acordes ca historia e creamos un video-conto.

Aquí vos deixo o resultado, espero que vos guste!

 

 

 

SEMANA DA PRENSA 19/20

Do 9 ao 13 de marzo conmemoramos a semana da prensa. Cada clase traballou de forma diferente cos xornais e coa variada información que saiu ao longo destes días.

Os de infantil comezaron cunha provocación na que as normas foron: respectar aos compañeiros, e xogar cos materiais presentados. Previamente miraron, observaron e deron renda solta á súa imaxinación, para logo xogar e transformar libremente a través dunha instalación artística con papeis de xornais e outros de diversas cores. Asemade, estes dias na asemblea falaron sobre a prensa, para que serve, como é, miraron algunhas seccións. O que mais lle gustou foron as seccións de deportes e a do tempo.

 

 

 

 

Os alumnos de primeiro e segundo empregraron unha técnica diferente, o collage. Recortaron palabras e letras dos xornais para facer con elas unha noticia de actualidade. Por outra banda, os nosos alumnos máis maiores investigaron sobre as noticias, buscando a que máis lle chamou a atención, e despois traballabaron sobre ela desmenuzando o seu contido.

Distribuir contido (C01 _th3me_)