Unha gran rede estendese ao longo do Paseo do Malecón do Barco. Dela penduran multitude de imaxes, debuxos e mesmo caricaturas dos autores homenaxeados ao longo dos 60 anos de celebración do Día das Letras Galegas, xunto as súas biografías. E, entre eles, a do 2023, Francisco Fernández del Riego, promotor da celebración desta data tan especial para a lingua, literatura e cultura galegas.
Esta iniciativa forma parte das actividades da campaña “Francisco Fernández del Riego: tecedor de redes”, promovidas por sete centros, entre eles, o noso.
Un ano máis, a asociación Centro Comercial Aberto (CCA) O Barco colabora cos Equipos de Dinamización da Lingua Galega dos centros educativos de O Barco, aos que se unen este 2023 os colexios de Rubiá e Sobradelo, na organización da campaña “Francisco Fernández del Riego: tecedor de redes” para festexar as Letras Galegas 2023.
Os establecementos asociados ao CCA O Barco e participantes na campaña, un total de trinta e nove, amosarán nos seus escaparates cartas de Francisco Fernández del Riego decoradas e con selos coa imaxe do autor elaborados polo alumnado dos centros educativos.
O noso centro participa no programa CPInnova polo que temos a sorte de gozar de material innovador e darlle uso para divertirnos e aprender dándolle renda solta á nosa imaxinación.
Nun día solleiro de primavera, á primeira hora da mañá que temos máis esperta a mente ímoslle dar uso a todo o material que nos aportou o programa para realizar, no patio do centro, "provocacións".
Que son as provocacións? Son invitacións ou suxerencias que espertan interese por explorar, usar materiais e xogar partido da curiosidade e do desexo.
Como as levamos a cabo? A mestra fixo unha breve creación con algún material aportado e outro recollido da natureza para semellar unha paisaxe natural, a partir da análise desta provocación o alumnado organizouse para seguir empregando o material restante modificando e ampliando dita paisaxe.
Quedou un resultado espectacular no que engadiron pequenos detalles convertindo a provocación inicial nunha cidade con un gran zoolóxico, estradas, vehículos, campo de fútbol...
Francesco Tonucci "Un bo xoguete é aquel que, sen ser nada en concreto, poder ser todo"