LISTADO MATERIAL ESCOLAR - EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA (2023/2024)

Xunto achegamos o listado de material escolar para o presente curso académico.

MENÚ COMEDOR ESCOLAR - SETEMBRO 2023

LISTADO LIBROS 3º E 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA 2023/2024

 

LISTADO LIBROS 1º E 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA 2023/2024

LISTADO LIBROS EDUCACIÓN INFANTIL 2023/2024

MENÚ ESCOLAR - XUÑO 2023

I Convivencia VILAMARTÍN - RUBIÁ

O PASADO MÉRCORES 24 DE MAIO, CELEBROUSE NO CEIP PLURILINGÜE VIRXE DO CAMIÑO A I CONVIVENCIA INTERCENTROS VILAMARTÍN - RUBIÁ.

A TOTALIDADE DO ALUMNADO DE VILAMARTÍN DESPLAZOUSE CO SEU PROFESORADO O NOSO POBO PARA PASAR UN DÍA DE ARMONÍA NA PROCURA DE ESTABLECER RELACIÓNS INTERPERSOAIS ENTRE A COMUNIDADE EDUCATIVA DE AMBOS CENTROS.

O PUNTO DE ENCONTRO FOI A PRAZA DA BAICELA. POSTERIORMENTE REALIZOUSE UNHA SAÍDA OS VIÑEDOS DA CONTORNA, PARA REMATAR VISITANDO AS INSTALACIÓNS DA BODEGA "O CEPADO". MOITAS GRAZAS ANA POLA TÚA COLABORACIÓN E AXUDA.

CHEGAMOS A NOSA ESCOLA E DESFRUTAMOS DE VARIAS ESTACIÓNS DE XOGOS LÚDICOS E DEPORTIVOS. XANTAMOS NO COMEDOR DA NOSA ESCOLA TODOS E TODAS XUNTOS. DARLLE GRAZAS A MAYCA POLO SEU TRABALLO. 

XA POLA TARDE, GOZAMOS DUN PARTIDO DE FÚTBOL DESPUTADO NO PAVILLÓN DE RUBIÁ ENTRE AMBOS POBOS.

ESPERAMOS PODER REPETIR O VINDEIRO CURSO. MOITAS GRAZAS A TODOS/AS.

 

PARA VER O VIDEO DA CONVIVENCIA CLICA AQUÍ

Agasallando LETRAS

"TECEDOR DE REDES"

Os centros de ensino valdeorreses tecen unha xigantesca rede a prol da lingua galega no Malecón do Barco.

Unha gran rede estendese ao longo do Paseo do Malecón do Barco. Dela penduran multitude de imaxes, debuxos e mesmo caricaturas dos autores homenaxeados ao longo dos 60 anos de celebración do Día das Letras Galegas, xunto as súas biografías. E, entre eles, a do 2023, Francisco Fernández del Riego, promotor da celebración desta data tan especial para a lingua, literatura e cultura galegas.

Esta iniciativa forma parte das actividades da campaña “Francisco Fernández del Riego: tecedor de redes”, promovidas por sete centros, entre eles, o noso.

 

 

CAMPAÑA PARA FESTEXAR AS LETRAS GALEGAS CO CCA - O BARCO

Un ano máis, a asociación Centro Comercial Aberto (CCA) O Barco colabora cos Equipos de Dinamización da Lingua Galega dos centros educativos de O Barco, aos que se unen este 2023 os colexios de Rubiá e Sobradelo, na organización da campaña “Francisco Fernández del Riego: tecedor de redes” para festexar as Letras Galegas 2023.

Os establecementos asociados ao CCA O Barco e participantes na campaña, un total de trinta e nove, amosarán nos seus escaparates cartas de Francisco Fernández del Riego decoradas e con selos coa imaxe do autor elaborados polo alumnado dos centros educativos.

Distribuir contido (C01 _th3me_)