RAP POLO MEDIO AMBIENTE

Os nenos e nenas de 3º e 4º, xunto co seu titor Miguel, traballaron arreo esta semana para converterse en RAPEIROS por un día, concretamente poldía do medio ambiente. E vaia se o conseguiron! A través dunha canción, rapeada por eles mesmos, dannos uns consellos para concienciarnos da importancia de coidar o medio ambiente. Aquí tedes o resultado!

OS RETOS DO PROFE MIGUEL

Aquí vos presento o seguinte reto semanal:

Reto nº 2: Lanzamento a "canasta"

 

Ao longo desta semana podedes ir practicando e enviando os vosos logros ao correo do centro: ceipvirxedocamino@gmail.com

Para visualizar os vosos vídeos preme aquí.

 ÁNIMO E A POR TODAS!! Risa

RETO BILBOQUET SUPERADO!

Aquí tedes a proba de que o primeiro reto queda superado! Estade atentos/as, xa que nos próximos días comezaremos un novo reto, ESTADES PREPARADOS/AS? Sorriso

Moito ánimo e a por todas! 

CORRECCIÓN DAS TAREFAS DE REPASO DE LINGUA GALEGA DE 3º- 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Bo día, déixovos unha correción dos exercicios de repaso de LINGUA GALEGA que estades a facer nas vosas casas durante estos días.

CORRECCIÓN TAREFAS LINGUA CASTELÁ 3º- 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Bo día, déixovos unha correción dos exercicios de repaso de lingua castelá que estades a facer nas vosas casas durante estos días. Aínda tedes tempo durante esta semana para rematalos, pero déixovos as respostas por se tedes algunha dúbida, ou para os que os remataron para que os vaian corrixindo.

 

SAIDA AO TEATRO LAURO OLMO

O noso alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria,  sairon ao teatro Lauro Olmo, nesta ocasión tiveron a oportunidade de ver a obra “Unboxing Alice”  que trata sobre o moito tempo que transcurriu dende que Alicia visitou Wonderland por última vez e o momento no que toca volver visitalo. Nese momento Alicia dáse conta que chegou o momento de actualizarse. Tweedle Dee e Twee Dum soben ao coche dos youtubers e son os encargados de guiarnos a través dunha hilarante viaxe para dar a coñecer a verdadeira natureza de Alicia. A obra baséase na participación do público, unha experiencia práctica e divertida para asimilar novos coñecementos e aprender a expresarse en inglés.

 

 

 

Coma sempre a prensa acórdase de nós:

 

Os estudantes de Valdeorras asistiron a representación de “Unboxing Alice”

3 febrero, 2020
Publicidad

Estudantes de todos os colexios de primaria da comarca acudiron a representación desta obra que está interpretada en inglés

Os estudantes dos centros de educación primaria da Comarca de Valdeorras acudiron a representación da obra “Unboxing Alice” na mañá do 3 de febreiro no Teatro Lauro Olmo do Barco.

Durante algo máis dunha hora, e en dúas sesións para que todos os escolares puideran ver a obra, OnStage Company presentou a obra que trata sobre o moito tempo que transcurriu dende que Alicia visitou Wonderland por última vez e o momento no que toca volver visitalo.

Publicidad

Nese momento Alicia dáse conta que chegou o momento de actualizarse. Tweedle Dee e Twee Dum soben ao coche dos youtubers e foron os encargados de guiar aos cativos través dunha hilarante viaxe para dar a coñecer a verdadeira natureza de Alicia. Todo un “vídeo de desbloqueo”. Esta obra baséase na participación do público, unha experiencia práctica e divertida para asimilar novos coñecementos e aprender a expresarse en inglés.

A obra enmarcáse no proxecto “Corrente Cultural” que conta coa colaboración do Concello do Barco, Abanca e Afundanción, que leva a obra por diversas vilas e cidades de Galicia.

 

PAZ 2020

Xoves día 30 de Xaneiro, comezamos cos preparativos para a celebración do día da Paz, dende as diferentes titorias foise traballando esta data señalada no noso calendario, a través de diferentes actividades como:

VISIONADO DO VIDEO A PALOMA MARI PAZ

 

 

 

DIFERENTES MANUALIDADES

 

 

 

 

XOGOS COOPERATIVOS

 

 

 

 

 

 

Temos que ter en conta que outra vez se acordan de nós para sair en prensa:

  

Somos Comarca

Cada 30 de enero los colegios celebran el Día escolar de la No Violencia y la Paz

Cada 30 de enero se celebra el Día escolar de la No Violencia y la Paz. Esta fecha está dedicada a la educación en y para la tolerancia, la solidaridad, la concordia, el respeto a los Derechos Humanos, la no-violencia y lpaz. Una fecha que coincide con la muerta de Mahatma Gandhi, quien aseguraba que «Si tenemos que alcanzar la verdadera paz en el mundo, tendremos que empezar con los niños».

El Colegio Virxe do Camino de Rubiá dedicaron la mañana a juegos cooperativos con medallas por la participación. La actividad consistía en una seria de retos que los alumnos y alumnas debían superar trabajando en equipo. En todos ellos tenían que ayudar para superar los problemas que van surgiendo en las diferentes pruebas.

Los niños y niñas de educación infantil elaboraron banderines de la paz y otras tareas de expresión plática.


 

 

FESTIVAL DE NADAL 2019/2020

Despois de tanto ensaio e nervios chegou o momento temido polos nosos artistas, o seu gran debut. Arrancamos coa posta en marcha do noso Festival de Nadal o xoves pola tarde no cal visitamos a Residencia de Anciáns de Rubia, nela os nosos rapaces fixeron as delícias dos presentes coa interpretación do seu festival de Nadal. O día seguinte foi a posta en escea na Casa da Cultura con maís nerviosismo se cabe por que estaban alí as suas familias, para ver o moito que se esforzaron en cada unha das diferentes actuacións coas que nos deleitaron.

 

 

 

 

 

Mirade se o fixeron estupendamente que volveron a sair en prensa :

Recorte periódico O SIL

 

Celebrando o Nadal no CEIP Plurilingüe Virxe do Camiño de Rubiá

Alumnos de Primaria do CEIP Plurilingüe de Rubiá no Festival de Nadal. /Foto cedida.

 

Uns días despois de participar no 4º Mercadiño de Nadal, cun posto montado polos rapaces coa axuda de toda a comunidade educativa, o CEIP Pluriligüe Virxe do Camiño de Rubiá celebraba a súa particular festa previa ás vacacións de Nadal. Nesta imaxe podemos ver aos nenos de Primaria nunha das actuacións do Festival de Nadal, en concreto co tema “Sweet child O’Mine” de Guns N’Roses.

Así, cantando e bailando daban a benvida a estas datas festivas, despedíndose das clases ata despois de Reis.

 

 

 

QUERIDOS RAPACES OS VOSOS PROFESORES DESEXANVOS UNHAS FELICES FESTAS, E NON VOS ESQUEZADES VEMONOS O DIA 8 DE XANEIRO AS 10 DA MAÑA PARA QUE COMPARTADES CON NÓS OS VOSOS RECORDOS DESTAS FESTAS.

MERCADIÑO DE NADAL 2019/2020

Os  nosos rapaces coa axuda de toda a comunidade educativa, montaron un posto navideño no Mercado de Nadal 2019/2020, traballaron moito e fixeron cousas fermosas como as seguintes, esperamos que logren unha gran venda de todas elas.

 

 

 

 RECORTES DE PRENSA, VOLVEMOS A SAIR EN....

SOMOS COMARCA

 

O Mercadiño de Nadal de Rubiá celebrase esta fin de semana

 
O Mercadiño de Nadal de Rubiá celebrase esta fin de semana

Produtos tradicionais como pan, mel licores así como artesanía estarán presentes no recinto da Casa da Cultura

O Concello de Rubiá organiza un ano máis o Mercadiño de Nadal que se celebrará no interior do recinto da Casa da Cultura o 14 e 15 de decembro.

Mercado de produtos tradicionais como mel, pan, doces ou licores. Tamén artesanía en coiro e xoiería, artigos de segunda man. Como é habitual, os nenos e nenas do colexio Virxe do Camiño de Rubiá, montarán o posto de adornos de Nadal para recadar cartos para a excursión de fin de curso.

A inauguración será o sábado 14 de decembro, ás 12:00 horas e contarase ca presenza do alcalde Elías Rodríguez. O Mercadiño estará aberto de 12:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas.


 


Desde a Concellería de Cultura informan  que aínda está aberto o prazo para solicitude de postos. Máis información  chamando ó Concello de Rubiá en horario de oficina.

O último día, o domingo ó peche do mercadiño farase entrega dos premios do terceiro concurso de fotografía «Rubiá outono sen filtros». Tamén haberá degustación de chocolate con churros para todos os asistentes.

Esta é xa a cuarta edición dun Mercadiño de Nadal que se consolida a medida que pasan os anos. Comezou no 2016 para que os veciños e veciñas mostrasen os seus produtos, artesanía até para vender cousas de segunda man e nesa primeira edición chegaron a contarse até 12 postos. Agora xa é unha cita case que obrigada.

 

 

Rubiá celebra esta fin de semana o Mercadiño de Nadal

 
 
 
 
 
 
 

Nos postos deste mercadiño destacan os prudutos artesanais coma pan, licores ou doces

O Concello de Rubiá organiza un ano máis o Mercadiño de Nadal que se celebrará no interior do recinto da Casa da Cultura entre hoxe 14 de decembro e mañá día 15.

Neste mercado de produtos tradicionais pódense atopar produtos coma mel, pan, doces ou licores. Tamén artesanía en coiro e xoiería, artigos de segunda man. Como é habitual, os nenos e nenas do colexio Virxe do Camiño de Rubiá, montaron o posto de adornos de Nadal co fin de recadar cartos para a excursión de fin de curso.

O Mercadiño estará aberto de 12:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas

.Rubiá celebra esta fin de semana o Mercadiño de Nadal



Mañá último día de mercado faráse entrega dos premios do terceiro concurso de fotografía «Rubiá outono sen filtros». Tamén haberá degustación de chocolate con churros para todos os asistentes.

Esta é xa a cuarta edición dun Mercadiño de Nadal que se consolida segundo que pasan os anos. Comezou no 2016 para que os veciños e veciñas mostrasen os seus produtos, artesanía até para vender cousas de segunda man e nesa primeira edición chegaron a contarse até 12 postos. Agora xa é unha cita case que obrigada.

 

  

TAMÉN NO XORNAL

O SIL

 

Entre os expositores do 4º Mercadiño Navideño de Rubiá

estará o do CEIP P. Virxe do Camiño

Esta mostra abrirá as súas portas o sábado 14 de decembro ás 12:30h. na Casa da Cultura

 

Imaxe do expositor do CEIP Plurilingüe Virxe do Camiño de Rubiá no Mercadiño Navideño do 2019./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Produtos tradicionais, doces, artesanía, obxectos de decoración… Son algúns dos produtos que poderán atoparse as persoas que visiten nesta fin de semana do 14 e 15 de decembro o “4º Mercadiño Navideño” de Rubiá, que estará instalado na Casa da Cultura.

Esta mostra inaugurarase o día 14 de decembro ás 12:30h. e poderá visitarse, tanto nesa xornada como na do 15 de decembro en horario de 12:30h. a 14h. e de 16:30h. a 20h. Ademais, este segundo día pola tarde o Concello entregará os premios do concurso de fotografía “Rubiá Outono sen filtros”.

 

CONMEMORACIÓN DA CONSTITUCIÓN E DO ESTATUTO DE AUTONOMÍA 2019-2020

Unha data tan importante como esta non pasa por nós desapercibida e intentamos que os nenos souperan un pouco máis da nosa historia, investigando sobre a Constitución e o Estatuto de Autonomía de Galicia.

  

Distribuir contido (C01 _th3me_)