Familias

GRADUACIÓNS 2019-2020

O curso escolar 2019-2020 chegou a seu fin. Este non foi un curso calquera, foi distinto polas circunstancias que nos tocou vivir.

Con todo o noso agarimo, queremos dedicar dous vídeos para o alumnado que remata etapa escolar: sexto de infantil e sexto de primaria. Especialmente para o alumnado de sexto de primaria, que para o curso seguinte continuarán os seus estudos noutro centro. Pero lembrade que sempre seredes benvid@s á que foi a vosa "casa" durante tanto tempo: a vosa escola o CEIP Plurilingüe Virxe do Camiño de Rubiá.

Bo  verán! Felices vacacións! Vémonos á volta, porque TODO VAI SAIR BEN!

 

INSTRUCIÓNS DO 22 DE MAIO DE 2020

 

A Consellería de Educación, Universidade e F.P. ven de publicar a Resolución do 22 de maio de 2020, na que se ditan as instrucións para o reinicio da actividade lectiva presencial no que resta do curso 2019/2020. Esta será de carácter voluntario para o alumnado de segundo de Bacharelato e os segundos cursos de F.P.

 

Polo tanto, as etapas de Infantil e Primaria non se incorporarán ás clases presencias, aínda que seguirán recibindo atención educativa a distancia e/ou telemática ata o 19 de xuño.

 

Por outra banda, a partir da fase II, permitirase a recollida de material por parte dos proxenitores así como a devolución de libros de texto do presente curso e a entrega dos correspondentess ao curso 2020/2021. A presenza das nais e pais cumprirá as medidas que se establecen no anexo das devanditas instrucións. E será baixo cita previa.

 

  • Data límite da devolución dos libros de texto 2019/2020: Ata o 7 de xullo
  • Data de entrega dos novos libros de texto para curso 2020/2021: Realizarase preferentemente en setembro.

 

AXUDAS LIBROS E MATERIAL ESCOLAR 2020/2021

Aberta a convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar para o alumnado de primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2020/2021.

A partir de mañá o Concello repartirá a todas as familias beneficiarias unhas breves instruccións do procedemento ademais do anexo da solicitude (exento alumnado que curse estudos de educación infantil o vindeiro curso escolar 2020/2021).

 

Unha vez cuberto, para proceder á entrega, chamar previamente ao teléfono: 653899773, (tamén se tedes algunha dúbida). Ou ben cubrilo a través da sede electrónica.

 

O alumnado de 6º de primaria ten que entregalo no IES.

O prazo rematará o vindeiro 19 de xuño.

 

 

LIGAZÓN AO SERVIZO FONDOLIBROS

LIGAZÓN Á ORDE DO 12 DE MAIO DE 2020

 

 

ADAPTACIÓNS DAS PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS - 3º TRIMESTRE

Seguindo as Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia ditadas pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, quedan publicadas nesta web as adaptacións das Programacións Didácticas referidas a dito trimestre, as cales podedes consultar descargando os ficheiros correspondentes a cada área/materia e curso/etapa que se achegan. Para calquera dúbida, contactade cos mestres/titores.

 

RESTABLECEMENTO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO DO 2º CICLO DE EDUCACIÓN INFANTIL E DE EDUCACIÓN PRIMARIA PARA O CURSO 2020/2021.

 

(ACORDO PUBLICADO NA RESOLUCIÓN DO 5 DE MAIO DE 2020 - DOG núm. 86)

- SÓ PARA O ALUMNADO QUE SE MATRICULA POR PRIMEIRA VEZ NO CENTRO -

 

PRAZO: DO 11 AO 18 DE MAIO DE 2020.

 

  • PUBLICACIÓN LISTAXES PROVISIONAIS ANTES DO 9 DE XUÑO. (Reclamacións en 3 días hábiles dende o día seguinte á publicación).
  • PUBLICACIÓN LISTAXES DEFINITIVAS ATA O 26 DE XUÑO.
  • FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA (INFANTIL E PRIMARIA): DO 1 AO 10 DE XULLO DE 2020.

 

TELÉFONO DE CONTACTO: 653 89 97 73

 

VIDEOTITORIAIS PARA FAMILIAS E DOCENTES

A Consellería de Educación, Universidade e F.P. pon a disposición de familias e docentes varios videotitoriais para o manexo nas diferentes plataformas virtuais (Abalar, moodle, agueiro, etc...). Preme na seguinte ligazón: ACCESO  AOS VÍDEOTITORIAIS.

REPARTO DOS LIBROS DE TEXTO PARA O 3º TRIMESTRE

O Concello de Rubiá publicou un BANDO no que comunica aos veciños do municipio que: en colaboración co noso colexio procederá a repartir os libros de texto do terceiro trimestre ao alumnado, achegándollos ás súas casas para a vindeira semana. 

Asemade as familias que queiran realizar fotocopias ou imprimir fichas para as tarefas escolares poderán solicitarllo ao Concello a través do seguinte email: concelloderubia@gmail.com, achegando os arquivos ou ficheiros que queirades imprimir e indicando a que dirección as teñen que levar. Por favor, tratade de realizar os vosos pedidos de xeito que aforredes tempo e desprazamentos ao persoal do concello.

Dende o CEIP Plurilingüe Virxe do Camiño queremos recordar ás familias que, en todo caso, recibirán notificación a través da aplicación Abalar Móbil, coas instruccións precisas de como se vai a levar a cabo o desenvolvemento do terceiro trimestre.

Moitas grazas pola vosa colaboración.

CONTINUIDADE CALENDARIO ESCOLAR E AVALIACIÓN 2º TRIMESTRE

  “A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, participou o pasado día 25 de marzo na Conferencia Sectorial de Educación, convocada para analizar o impacto e as medidas en relación coa interrupción da actividade lectiva presencial con motivo da declaración do Estado de Alarma por parte do Goberno Central. No encontro houbo consenso xeneralizado de manter o calendario escolar, co obxectivo de transmitir unha mensaxe de continuidade e normalidade respecto ao ámbito académico.

 Nesta liña, acordouse avaliar o segundo trimestre co traballo desenvolvido ata a interrupción das clases presenciais e modificar os contidos e competencias básicas previstas para o terceiro trimestre. Estas modificacións abordaranse nunha xuntanza en abril. Ademais, decidiuse suspender este curso as probas de avaliación diagnóstica. Carmen Pomar agradeceu o esforzo que están a facer tanto docentes como familias para manter a poboación escolar activa e contribuír así á normalidade nesta situación excepcional.” (Fonte oficial: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/30634 )

 

Polo tanto, o boletín da avaliación do 2º trimestre poderá ser consultado, a partir do 3 de abril, a través da aplicación Abalar Móbil que cada familiar responsable debe ter instalada no seu terminal.

Por outra banda, unha vez confirmada a planificación do 3º trimestre procederemos a informar ás familias polas canles telemáticas establecidas no noso centro: Páxina Web e Abalar Móbil.

 

ACTIVIDADES E RECURSOS

PREME NO MENÚ DE EDUCACIÓN FÍSICA OU NOS BLOGS...O PROFE MIGUEL VEN DE PROPOÑER UN SEGUNDO RETO.... A VER QUEN É A PRIMEIRA OU PRIMEIRO EN CONSEGUILO!!!

 

LEMBRADE QUE TANTO NO BLOG DE EDUCACIÓN INFANTIL "ONDE COMEZA O CAMIÑO" E NO BLOG DE RECURSOS EDUCACIÓN PRIMARIA, PODEDES ATOPAR LIGAZÓNS A DIFERENTES RECURSOS, XOGOS, ACTIVIDADES...

ASEMADE, NOS MENÚS DA DEREITA DESTA MESMA PÁXINA TAMÉN PODEDES ATOPAR LIGAZÓNS ÁS PROPOSTAS DOS VOSOS MESTRES.

ATENTxS ÁS NOVIDADES!

TODO VAI SAIR BEN.

VergoñaAPERTAS PARA TODxS.Vergoña

IMOS LANZAR UN RETO:

 

Propoñemos  a toda nosa comunidade escolar de Rubiá que cada quen faga un letreiro, debuxo ou composición... pero onde apareza o lema: “TODO VAI SAIR BEN” cun arco da vella como protagonista.A creatividade é libre. Cando o rematedes quitades unha foto coa vosa proposta e enviádela por e-mail:

ceip.virxedocamino@edu.xunta.gal

ceipvirxedocamino@gmail.com

Todas as fotografías que recibamos, poderedes velas a través da Web do cole e dos blogs. Animádevos a participar!

MIRADE, QUE EMOCIÓN!!!... QUEREDES VER AS QUE NOS ESTADES A ENVIAR?... PREMEDE NA IMAXE

 

 

Distribuir contido (C01 _th3me_)