Skip to Content

2º Ciclo

"ROSIÑA TV", A NOVA CANLE NO COLE

Dende a semana pasada, témola sorte de contar no colexio cunha canle de tv, "ROSIÑA TV", que de xeito formal quedou inaugurada polos alumnos e alumnas de 3º e 4º de primaria. A súa andaina comeza cunha visión pormenorizada e moi profesional sobre o Tempo en Galicia e Mazaricos. Fantástico traballo rapaces¡¡¡¡¡¡¡ Esperamos outras novas nesta canle.

Fernando Botero

Na clase de 4º estivemos a traballar a Botero. Fernando Botero Angulo é un pintor, escultor e debuxante colombiano nacido o 19 de abril de 1932 en Medellín (Antioquia). Considerado o artista vivo orixinario de Latinoamérica máis cotizado actualmente no mundo. Icono universal do arte,  a súa extensa obra é recoñecida por nenos e adultos de todas as partes.


As súas obras teñen un gran volumen e son de formas redondeadas. Nos fixemos unha recreación das súas esculturas de animais. A ver si vos gustan!

Distribuir contido


by Dr. Radut