Skip to Content

EXCURSIÓN AO ÉZARO INFANTIL E 1º E 2º 27-05-21

Os primeiros grupos en estrearse en sair de excursión neste curso foron o alumnado de educación infantil e os de 1º e 2º de educación Primaria. O destino non era menos atractivo, xa que visitaron O ÉZARO, a fervenza do río Xallas e a praia. E como facía un día maravilloso, aproveitaron para mollar un pouco os pés na beira do mar.

Esta actividade está feita en colaboración coa ONG "Ayuda en Acción". Estivemos acompañados por Sergio ("Laboratorio de Radio") e Daniel. Eles gravaron xunto cos nenos os sons da natureza que ás veces pasan desapercividos. Deste xeito pasaron unha xornada maravillosa, que esperamos repetir sin dúbida. Pica nas fotos para ver todas.


 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

RADIO "ROSIÑA" EN RTV ENXEBRE 21-05-21

O día 21 de maio o alumnado de 5º e 6º de Primaria tivo unha actividade moi especial: gravaron en directo un programa de radio con "RTV ENXEBRE", no Auditorio de Vimianzo, onde tamén participaron o CPI Virxe de Cela de Monfero e o CEIP Labarta Pose de Zas. Este programa foi unha das actividades do proxecto que a ONG "Ayuda en Acción" desenvolve no noso centro durante este curso a través do "Laboratorio de Radio", gracias á axuda de Sergio, Dani e Lorena.

Desde o noso centro agradecer a todas as persoas que fixeron posible esta xuntanza, así como ao Concello de Vimianzo por facer posible esta actividade nos tempos que corren e como non aos nenos e nenas dos tres centros a través das súas radios: "Onda Labarta", "Radio Xesteira" e a nosa "Radio Rosiña". Picade na foto para ver máis.

LISTAXE DEFINITIVA ADMISIÓN ALUMNADO 21-22

TODO O ALUMNADO DE NOVA INCORPORACIÓN QUE SOLICITOU PRAZA NO C.E.I.P. "VÍCTOR SÁENZ" PARA O CURSO 2021-2022, ESTÁ ADMITIDO.

O ALUMNADO ADMITIDO DEBERÁ FORMALIZAR A MATRÍCULA ENTRE OS DÍAS 20 E 30 DE XUÑO.

As familias poderán consultar as LISTAXES DEFINITIVAS presencialmente no centro no taboleiro de anuncios.

FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 21-22

Orde do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación no FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E SE CONVOCAN AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2021/22 (código de procedemento ED330B).

O prazo para presentar solicitudes: do 21 de maio ao 22 de xuño.

Orde do 6 de maio de 2021

Anexos I e II de formalización dea solicitude

Sede Electrónica da Xunta de Galicia

Documentación Acreditativa

A solicitude poderá presentarse do seguinte xeito:

  • Manualmente, descargando o modelo da web ou recolléndoo na secretaría do colexio.
  • Mediante a aplicación FONDOLIBROS, onde xerará un número de solicitude e poderá presentala a través da sede electrónica ou presencialmente no centro.

CANCIÓN DE INFANTIL PARA CELEBRAR AS LETRAS GALEGAS: "MEU O MUNDO É"

As nenas e nenos de Educación Infantil, fixeron este vídeo no que bailan ao ritmo da canción "MEU O MUNDO É", de Paco Nogueiras, amosándonos algunhas das palabras máis fermosas do noso idioma. Este vídeo forma parte das actividades feitas no colexio para rendir homenaxe a Xela Arias polo Dia das Letras Galegas. Esperamos que vos guste¡¡¡¡¡¡¡

O NOSO CONTO VIAXEIRO 20-21

Xa está publicado o CONTO VIAXEIRO no blogue da Biblioteca, que leva por título "A VIAXE ESTRELADA". Este conto realizouse co alumnado de Educación Infantil e Primaria. A proposta lanzouse na semana do "Día do Libro", e tivo a todos nuns días de actividade frenética de creación, redacción, ilustración e gravación. O resultado de todo ese traballo colectivo é o vídeo que veredes a continuación. Para unha maior información visitade o noso Blogue da Biblio, onde Rosiña vos atenderá de maravilla. Esperamos que vos guste.

ACTIVIDADES AULA STEAM 12-05-21

O mércores día 12 de maio fixemos unha actividade de AULAS STEAM organizadas por AFundación para todo o alumnado do centro. Para os máis pequenos de Infantil e 1º e 2º de primaria a actividade foi "De cando o pincel e o lapis se enfurruñaron e non quixeron compartir cadro" que consiste nunha forma moi sinxela de contar o paso da historia da arte da pintura clásica á contemporánea, a través dun lapis e un pincel que ao principio formaban equipo e logo comezaron a traballar por separado. Este obradoiro é de robótica/electrónica e os nenos construirán un robot pintor.

Para os maiores de 3º a 6º de primaria a actividade foi "A arte das emocións". Fíxose unha proxección dun instagramer ao que acusaban de non ter emocións. Tamén se fixo un concurso de preguntas de arte, e o obradoiro consistiu nunha actividade de programación de tarxetas microbit a través de MakeCode.

CIENCIA EN MOVEMENTO-OBRADOIRO DE VOO 04-05-21

O Martes día 4 de maio, tivemos de novo connosco no cole a Suso e Ámparo que desta vez nos trouxeron un Obradoiro-Museo de Voo a través de CIENCIA EN MOVIMIENTO. Todos os alumnos viron e comprobaron en primeira persoa  os tres principios polos que pode voar un avión, acción-reacción, efecto coanda, e mailo principio de Bernuilli. Tamén trouxeron unha campá de vacío, na que os elementos inchan e inchan, a espiral áurea, o rozamento do aire en caída libre, o voo das aves, e moitas máis cousas.

 

ANXO MOURE Contacontos no Día do Libro 21-04-21

O mércores 21 de abril, antesala do DÍA DO LIBRO e da Terra, visitou o noso cole un contacontos que nos levou por mundos de máxicas historias, ANXO MOURE "O carballo con botas". Traia personaxes que viaxan con el nunh cesto, e vestido de árbora falounos de como amar e salvar a natureza. Podedes ver as fotos de ese día picando nas imaxes. E tamén pinchando no seu nome, accederedes á súa páxina de Contos Solidarios.

O HORTO COMEZA A DAR OS SEUS FRUTOS

E xa nesta época do ano a nosa plantación no horto escolar comeza a dar os seus frutos. Así o alumnado de Educación Infantil e 1º ciclo recolecta día si e día tamén leitugas para a hora de xantar. Así da GUSTO¡¡¡¡¡¡¡

  

  

SABER O MAR. MUSEO DO POBO GALEGO 14-04-21

O mércores 24 de abril en horario de mañá, tivemos a visita de Valti para realizar un obradoiro para o alumnado de 3º a 6º de Primaria. Este obradoiro estaba dividido en dúas partes: primeiro fixemos unha visita virtual ao Museo do Pobo Galego, onde nos explicaron o que podiamos atopar no museo, faláronnos da famosa escaleira helicoidal e sobre todo da sala adicada ao mar. En segundo lugar realizouse no patio do cole un obradoiro práctico onde Balti nos contou moitos segredos sobre o mar, diversos xeitos de pesca, trucos, a orientarnos coas estrelas, etc. Foi unha actividade divertidísima. Picade na foto para ver o que pasou ese día.

PETER PUNK E "A CHUNGATRONA" 26-03-21

O venres día 26 de marzo de 2.021 tivemos a visita no cole do noso amigo e paiaso preferido PETER PUNK do País de Nunca máis que nos presentou o seu espectáculo "A Chungatrona", cheo de humor e malabares, cos que fixo as delicias dos nenos, sempre con tódalas medidas sanitarias correspondentes. Tamén tivemos a sorte de que nos presentou á súa cadeliña Gaza e un avance do seu derradeiro espectáculo "Concerto Punkinfantil". Picando nas fotos poderedes ver o que ocurriu ese día.

XIMCANA DA IGUALDADE-COMPAÑÍA DINAMO 08-03-21

O luns día 8 de marzo, conmemorando o DÍA DA MULLER, levamos a cabo no colexio unha XIMCANA DA IGUALDADE a través da compañía de actividades DINAMO. Nela participou todo o alumnado do centro en diferentes quendas, onde a través de diferentes xogos, tentábase de eliminar certos estereotipos, de non discriminar, de coidar a nosa linguaxe e de aceptar as diferenzas. Foi unha sesión moi participativa e interesante ao tempo que moi necesaria nestos tempos que corren. Si queredes ver as fotos de ese día, picade na foto.

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO. Actividades

O DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO, celebrámolo no cole cunha serie da actividades fantásticas realizadas nas diferentes titorías e das que vos deixamos eiquí as seguintes:

  • Podcast en Radio Rosiña dos nenos e nenas de infantil de 4-5 anos da clase da mestra Patri. Picando no podcast, escoitaredes o audio a través do Blogue da Biblioteca.
  • Vídeo coas cancións das diferentes titorías, para lembrar a esta gran escritora, Rosalía de Castro.

OBRADOIRO MULLERES CIENTÍFICAS 26-02-21

O venres día 26 de febreiro de 2.021 en horario de mañá, levamos a cabo un obradoiro con Suso e Amparo a través de "Ciencia en Movemento" para todo o alumnado en diferentes horarios adicado ás "Excelentes Mulleres Científicas". Moitas delas descoñecidas, debido ao seu escaso recoñecemento, tanto en vida como posteriormente. Fíxose un percorrido dende o máis pequeno, como os virus, ata o máis grande, o universo; dende o máis sinxelo, coma o carbón, ata o máis complexo, o wifi. Picando na foto veredes todas as fotos de ese obradorio.

             

PROCESO DE ADMISIÓN 24-25

A normativa que rexe o PROCESO DE ADMISIÓN e o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, a Orde do 21 de outubro de 2022 e a Orde do 26 de maio de 2023.

Os prazos de entrega son:

RESERVA DE PRAZA, CAMBIO DUN CENTRO A OUTRO A QUE SE ESTEA ADSCRITO do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro.

 

RESERVA DE ADMISIÓN do 1 de marzo ata o 20 de marzo.

O Proceso de reserva de praza e de admisión poderase facer telemáticamente a través da aplicación Admisión Alumnado da Consellería de Educación onde poden tamén descargar as solicitudes ou recollelas e entregalas no propio centro.

 

Unha vez rematado o prazo para presentar solicitudes de admisión de novo alumnado para o curso escolar 2024-2025, informaremos sobre as solicitudes que foron admitidas. Do 20 ao 30 de xuño, será o período de formalización de matrícula.

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO 24-02-21

O vindeiro mércores día 24 de febreiro, celebramos o DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO, e dende o Equipo de Dinamización Lingüística do Colexio San Pío X (Ourense) compartiron con nos un recurso para aproximarnos á vida da escritora. Trátase dun Draw My Life narrado en galego por Uxía Salgado da Silva, alumna de 6º de primaria dese centro. As ilustracións foron obtidas do vídeo orixinal en castelán publicado en maio de 2019. Tamén a Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Fundación Rosalía de Castro, participaron na revisión dos datos biográficos. Aparte doutras actividades que levaremos a cabo no centro, eiquí vos queda o vídeo.

QUEIMA DO MECO 18-02-21

O primeiro día de clase que fixo algo de bo tempo foi o xoves día 18 de febreiro, á volta das vacacións de Entroido, e decidimos no recreo "QUEIMAR O MECO", co fin de que todos os males se foran moi lonxe. Picando nas fotos veredes algunha máis de ese día.


PEDRO BRANDARIZ E OS SEUS "CONTOS CHOQUEIROS" 10-02-21

Malia estar pechados os teatros e os auditorios, no noso centro seguimos con actividades e o cómico e narrador oral PEDRO BRANDARIZ comeza  cunha extensa xira de actuacións co seu espectáculo sobre o Entroido, "CONTOS CHOQUEIROS", que nos ofreceu o mércores día 10 de febreiro ás 11:30 horas.

Contos Choqueiros é un espectáculo de narración con contos e historias propias do Entroido, que ten como obxectivo dar a coñecer as principais figuras do Entroido galego: peliqueiros, cigarróns, pantallas, boteiróns,...Picando AQUÍ, veredes as fotos da actuación de Pedro Brandariz.

                 

ENTROIDO 2021 Mandadiños do Meco

A partires da semana que ven dende o luns día 8 de febreiro, e ata o venres día 12 de febreiro, celebraremos dentro das posibilidades que a pandemia nos permite o ENTROIDO 2.021. Así o Meco mándanos vir con algunha cousa a modo de disfraz cada día da semana. Para ver que toca traer cada día pica na imaxe. Picando nas fotos poderedes ver moitos máis disfraces¡¡¡¡

                                                                                                             

"ROSIÑA TV", A NOVA CANLE NO COLE

Dende a semana pasada, témola sorte de contar no colexio cunha canle de tv, "ROSIÑA TV", que de xeito formal quedou inaugurada polos alumnos e alumnas de 3º e 4º de primaria. A súa andaina comeza cunha visión pormenorizada e moi profesional sobre o Tempo en Galicia e Mazaricos. Fantástico traballo rapaces¡¡¡¡¡¡¡ Esperamos outras novas nesta canle.

DÍA INTERNACIONAL DA PAZ 30-01-21

O venres 29 de xaneiro celebraremos no colexio o DÍA INTERNACIONAL DA PAZ. Levaremos a cabo diferentes actividades ademáis de unirnos como centro colaborador á proposta da ONG Save the Children, que a través da súa Carreira Kilómetros de Solidariedade recauda cartos para colaborar con países que se atopan en situacións complicadas. Este ano adican a Carreira á República Democrática do Congo. Tedes máis información no Blogue da Biblioteca.

Este curso escollimos como símbolo da paz e dentro do noso proxecto sobre as aves "MAZARICO LE CO PICO", a GRÚA. Se queredes máis información sobre este paxaro, picade no nome. Picando nas imaxes poderemos ver máis fotos de esa celebración.

Celebración do DÍA DA EDUCACIÓN 24-01-21

O alumnado de 3 e 4 anos de Educación Infantil do centro, quixo dun xeito moi especial celebrar o DÍA DA EDUCACIÓN, e así nos deixaron este maravilloso vídeo. Esperamos que vos guste.

BO NADAL E FELIZ 2021

Para despedirnos deste primeiro trimestre deste curso tan raro, dende a Biblioteca do centro e as titorías, coa colaboración de todo o alumnado, mestres e demáis persoal do centro, ocurríusenos a idea de gravar un video para felecitarvos estas festas. É a través dunha canción de Iván Vale con linguaxe de signos. Grazas a todos/as por participar nesta iniciativa. Eiquí tedes o resultado.


PAKOLAS E LAURA ROMERO "Cores, contos e Rock´n Roll con Ramona Órbita" 22-12-20

O derradeiro día de clase do 2020, rematou coa actuación no comedor, de PAKOLAS co seu espectáculo "CORES, CONTOS E ROCK & ROLL CON RAMONA ÓRBITA" acompañado por LAURA ROMERO, que se encargaba de darlle vida a todas as súas personaxes. Os nenos e nenas bailaron ao ritmo das súas cancións e interactuaron con Pakolas mentras quedaban pasmados vendo como Laura Romero pintaba en directo o que se dicía nas letras de Pakolas. Unha fabulosa actuación. Picade no LIBRO DE RAMONA ÓRBITA para ver as fotos de ese día.

ESPECTÁCULO DE MAXIA: THE VISUAL MENTALISTS 2 MINDS

O luns día 21 de decembro tivemos no comedor do cole, e baixo todas as medidas de seguridade, a actuación de Ian e Elisa co seu espectáculo "THE VISUAL MENTALIST 2 MINDS", onde coa maxia, os contos e as sombras chinesas, fixeron a delicia de tódolos nenos. Picade AQUÍ para ver as fotos de ese día.

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL 2020

Convocouse no cole, coma tódolos anos, o CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL. Animamos a todo o alumnado xa que este ano decidiuse que cada alumno envíe a súa postal a alguén coñecido. As postais serán expostas no pasillo do centro, e haberá un gañador por grupo e unha postal gañadora xeral que será a que enviemos en representación do colexio.

Os/As gañadores/as foron:

E.I. A: Dalia Casal Lago

E.I. B: Sara Grille Calvelo

1º e 2º: Íker Tubío Gesto (gañadora para enviar)

3º e 4º: Lucía Mourelle Torrado

5º e 6º: Brais Capelo Martínez

Premio Especial: Alejandro Villar Negreira (6º)

 

Picando AQUÍ poderedes ver todas as postais participantes no concurso.

Eiquí vos queda un vídeo colgado dende a Biblioteca que fala sobre a soidade das persoas nesta época.

REMATADA A MARQUESINA DE ACCESO AO PATIO

Temos boas novas para toda a Comunidade Educativa do C.E.I.P. Víctor Sáenz para comezar este mes de decembro. Xa remataron as obras de colocación dunha MARQUESINA de acceso ao patio, co fin de que o alumnado non se molle os días de chuvia cando baixa aos patios cubertos. A verdade que quedou super chula¡¡¡¡¡¡¡¡¡ Agora a disfrutala.

   

     

     

     

MAGOSTO 2020

O venres día 13 de novembro e cunha tarde fantástica, celebramos como é habitual o MAGOSTO. Este ano dun xeito diferente xa que ante todo cumprimos coas normas de separación, uso de xel hidroalcólico e lavado de mans, ademáis de levar a máscara. Pero tamén tivemos momentos para xogar, divertirnos e sobre todo comer castañas. Picando AQUÍ veredes todas as fotos de ese día.



 

PROTOCOLO DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO DA COVID 19. C.E.I.P. VÍCTOR SÁENZ

Seguindo as instruccións en materia de Saúde Pública, as recomendacións sanitarias e os derradeiros Protocolo de Adaptación ao contexto da COVID19 nos centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2020-21, actualizamos o noso Protocolo de Adaptación ao contexto do COVID 19. Foi elaborado coas propostas do profesorado, presentado no claustro e no Consello Escolar. É un documento vivo, é dicir, é susceptible de cambios a medida que a actividade educativa nos vaia aportando información. O Protocolo está completado con anexos, entre eles o Plan de Continxencia, o Protocolo de Limpeza e o Plan de Acollida.

En relación ao COVID 19, no enlace, aparecen novas actualizacións e/ou publicacións sobre o Protocolo de Adaptación ao contexto da COVID 19 nos centros de ensino universitario de Galicia para o curso 2020-21 e anexos que aparecen no portal da Xunta.

https://www.edu.xunta.gal/portal/familiasealumnado/medidas-coronavirus

 

                                      

Distribuir contido


by Dr. Radut