Skip to Content

MAGOSTO 2.021-ANXO MOURE E A SÚA CICLOBIBLIOTECA

Celebramos o San Martiño 2021 o xoves 11 de novembro e con el o MAGOSTO de cada ano. Para levar a cabo unha das festas máis fermosas do outono, decidimos que nos acompañara ANXO MOURE coas súas historias e a súa ciclobiblioteca. Chegou ao cole coa súa bici cargada de contos que compartiu con nós nunha tarde solleira e maravillosa debaixo do noso castaño, para rematala comendo o seu froito, as castañas. Picando na imaxe veredes máis fotos de ese día.



page | by Dr. Radut