Skip to Content

SAMAÍN 2021

O último venres de outubro celebramos O SAMAÍN no cole. Os nenos e nenas e algunha que outra profe viñeron disfrazados ao centro (máis fotos picando na imaxe). Para celebralo fixemos varios concurso: un de Relatos de Medo e outro de Cabazas, convertindo así o corredor do cole nun espazo de orixinalidade, cor e diversión. 

O venres durante a mañá fixemos varias actividades para esta celebración. Unha delas foi a realización nas aulas dos "PETISCOS TERRORÍFICOS", que despois a rapazada comeu na hora do recreo.

Tamén celebramos dous obradoiros coa COMPAÑÍA DINAMO, a través de Xogos Populares adaptados ao Samaín, un para os máis pequenos e outro para os maiores.

E xa para rematar a celebración, antes de xantar entregáronse no comedor do cole os premios aos gañadores dos dous concursos. Os de Cabazas que foron para Uxía, Ángel, Martiño e Aroa. Premendo na imaxe poderedes ver todas as cabazas participantes.

E os premios aos RELATOS DE MEDO. Os gañadores foron:

A aula de 3/4 anos de Infantil con "A BRUXA CATUXA"; a aula de 5 anos de Infantil con "A PANTASMA MÁIS TORPE"; a aula de 1º e 2º de primaria con "ESTRELIÑA E JUAN"; Luzdivina Vasilev Arnaiz (4º) con "UNHA AVENTURA TERRORÍFICA NUN PLANETA DESCOÑECIDO CHAMADO CERES"; E Mai Villar Vilas (6º) con "A FIN DA GALAXIA".

Picando nas fotos anteriores podemos ver a entrega de premios a todos os gañadores.

Para ver os textos dos Relatos de Medo, podedes visitar o noso blogue da Biblioteca ou o bloque adicado ao SAMAÍN 2021.



page | by Dr. Radut