Skip to Content

Biblioteca

CHARLA "O MONTE VIVO" 02-02-12

Esta charla vai dirixida a concienciar aos escolares de 6 a 12 anos, acerca do valor dos montes e a grave problemática que supón os incendios forestais en xeral e en Galicia en particular. O método de traballo ofrécelle ao profesorado, a través dunha serie de separatas para a escoller nun xornal de difusión autonómica, información sobre o monte e os incendios. Para máis información, pódese visitar a páxina web do proxecto http://onosomonte.mediorural.xunta.es/


   

CONTACONTOS "O CARBALLO CON BOTAS" ANXO MOURE 15-12-11

O XOVES, DÍA 15 DE DECEMBRO, TIVEMOS NO CENTRO AO CONTACONTOS ANXO MOURE CO SEU ESPECTÁCULO "O CARBALLO CON BOTAS". ESTA ACTIVIDADES REALIZOUSE NA BIBLIOTECA, CON TODOS OS NENOS DO COLEXIO. A TEMÁTICA DESTA ACTIVIDADE ESTABA DIRECTAMENTE RELACIONADA COA TEMÁTICA QUE SE ESTÁ A DESENROLAR NO CENTRO: OS BOSQUES.


     

PROXECTO ANUAL: SEMENTANDO BOSQUES DE PALABRAS

Por fin está rematado o cartel para a nosa campaña-proxecto de este ano: SEMENTANDO BOSQUES DE PALABRAS.

Podedes consultar toda a información e recursos necesarios no noso BLOGUE DA BIBLIOTECA.

NOTA DE PRENSA NA VOZ DE GALICIA SOBRE A INAUGURACIÓN DA NOSA BIBLIO.

Ahí tedes a nota de prensa que publicou o xornal "La Voz de Galicia" o martes día 10 de maio, no que fala un pouco dos actos de inauguración da Biblioteca Escolar do noso centro, coa inestimables presencia de D. Ángel Mª Carracedo Álvarez.


VISITA DO ILUSTRADOR ABRAHAM CARREIRO 10-05-11

O martes, día 10 de maio, tivemos no centro a visita do ilustrador vigués ABRAHAM CARREIRO, que deu unha charla para todos os nenos do colexio, sobre o seu traballo como ilustrador. O horario foi de 10:50 a 11:50, e  os nenos aprenderon unha serie de trucos para facer diferentes tipos de debuxos, sobre todo de animais.


   

A INAUGURACIÓN DA NOSA BIBLIOTECA ESCOLAR, POR ÁNGEL CARRACEDO, FOI TODO UN ÉXITO. GRAZAS A TODOS.

Se picades aquí, veredes un resumo de todo o que aconteceu ese día. Grazas a todos e todas por facer ese día inesquecible.



  

CONTACONTOS IAGO LÓPEZ 27-04-11

O mércores, día 27 de abril, tivemos a oportunidade de ver a ctuación do contacontos IAGO LÓPEZ, na Biblioteca do noso centro, por xentileza da Editorial Xerais, dentro dos actos de conmemoración do Día do Libro.


sentímolo, flash non está dispoñible.

"MERGÚLLATE NUN MAR DE LIBROS". EXPOSICIÓN SOBRE O MAR.

Dentro do Proxecto sobre o MAR, que estamos a traballar no centro neste curso 2010-2011, vimos de rematar a exposición sobre libros do mar que leva por título "Mergúllate nun mar de libros" (campaña de animación á lectura 2010-2011). Así mesmo aparece exposto nos taboleiros do pasillo un traballo realizado polos alumnos de primaria que recolle todos os peixes, crustáceos, moluscos e algas das costas galegas.

A NOVA BIBLIOTECA DO C.E.I.P. VÍCTOR SÁENZ

Aquí tedes algunhas fotos da nosa "nova biblioteca". Para ver todo o relacionado co funcionamento, e co día a día, mesma, podedes visitar o "blogue da biblioteca". Grazas a todos/as os/as que puxechedes o voso graniño de area, para facer deste espazo unha realidade.


    

EXPOSICIÓN "O PATRIMONIO MARÍTIMO DE GALICIA"

"O Patrimonio Marítimo de Galicia". Producida pola Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial, quere facer reflexionar sobre a urxente necesidade de conservación do rico e inmenso patrimonio natural, histórico, arquitectónico, etnográfico, ... que atesoura a nosa beiramar. Esta exposición permanecerá no centro dende o día 10 ao 23 de marzo de 2011.

I CONCURSO SAN VALENTÍN 2011

Nas derradeiras semanas de febreiro, levouse a cabo o “I CONCURSO SAN VALENTÍN 2011”. Os gañadores nas diferentes modalidades foron:


 Concurso de debuxo “E ti a quen queres máis?”: Gañador: Daniel Antelo Rey (3º primaria).


Concurso de Declaracións de amor con humor:  Gañadora: Lucía Castiñeiras Ramos (6º primaria).


 


Accesit San Valentín 2011: Gañadora: Andrea Labandeira Otero (infantil 5 anos).

Distribuir contido


by Dr. Radut