Skip to Content

VISITA DE FÉLIX FERNÁNDEZ 4 E 6 DE NOVEMBRO (MAC)

Visitóunos o gran artista FÉLIX FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, a través dunhas actividades propostas polo MAC. Ensinóulles aos alumnos de 3º e 4º o mércores día 4 de novembro e o venres día 6 aos alumnos de 5º e 6º a ler imaxes. Tamén experimentou con eles sacándolles fotos e posteriormente visualizándoas na pantalla, para ver que eran capaces de dicir cos seus xestos. Foron dous días do máis apaisoantes. Gracias Félix!!!!!. Pica AQUÍ para ver as fotos de 3º e 4º e AQUÍ para ver as fotos de 5º e 6º.

 

  

 

PROXECTO INTEGRADO DO CENTRO 15-16: "AS OLERPÍADAS"

Para este curso 2015-2016 decidimos entre todos que sería un Proxecto moi apropiado, dado que para o ano é ano de Olimpíada, traballar sobre o tema dos XOGOS OLÍMPICOS. O lema que se nos ocurriu para este ano é "AS OLERPÍADAS", e o cartel que xa temos exposto no pasillo do centro, elaborouno a nosa compañeira Susi. Esperamos que vos guste e de seguro que ao longo de todo o ano sairán noticias e actividades relacionadas con esta temática.

SAMAÍN 29-10-15. COMEZAN AS NOSAS OLERPÍADAS.

Pola mañá, no comedor do colexio, levamos a cabo un obradoiro de COMIDAS TERRORÍFICAS (pica AQUÍ para ver todas as fotos), que foron degustadas polos nenos no recreo. Na hora de despois do recreo tivemos unha das novidades deste ano que foi a presenza no centro da prima de Rosiña "PEPA PIG" que se acercou ata o noso colexio para facer entrega dos agasallos aos gañadores/as do CONCURSO DE CABAZAS e de RELATOS DE MEDO. Para rematar o día, na biblioteca do centro e pola tarde, tivemos a actuación de TÍTERES CACHIRULO cun espectáculo adicado totalmente ás Historias de Medo (pica AQUÍ para ver as fotos dos títeres)..

 

 

Os gañadores do CONCURSO DE CABAZAS foron: MARTINA PEREIRA TUÑAS (EI-5), JORGE OTERO PITA (2º) E ÁLEX INSUA MOLDES (6º). Pincha AQUÍ para ver tódalas cabazas participantes.

                                                    

Os premiados nos relatos de medo foron: EDUCACIÓN INFANTIL co seu relato "A BRUXA E GALIÑA". En 2º E.P. o gañador foi JORGE LEMA ZAMORA co seu relato "AS OLIMPÍADAS ZOMBIES". En 3º E.P. a gañadora foi PAULA MANEIRO BERGANTIÑOS co seu relato "A CABAZA QUE SEMPRE ÍA AOS XOGOS OLÍMPICOS". E en 6º E.P. o gañador foi MARIO ANTELO CAMBEIRO co seu relato "A GRAN AVENTURA POLAS ILLAS CANARIAS".

                             

Se queredes ler os Relatos de Medo gañadores e ver tódalas cabazas participantes no concurso, podedes entrar no BLOG DA BIBLIOTECA.E xa para rematar o día todos/as quixemos sacar unha foto coa prima da Rosiña "PEPA PIG". Ata os mestres non se resistiron. Para ver todas las fotos de Pepa Pig pica AQUÍ.

    

 

DÍA DAS BIBLIOTECAS 23-10-15

Celebramos O DÍA DAS BIBLIOTECAS o venres día 23 de outubro, no patio do centro, facendo coincidir esta celebración coa hora de ler. Limos un pregón e un pequeno poema co fin de adiviñar unha serie de xogos e deportes.

INICIO CURSO ESCOLAR 2015-2016

 

LETRAS GALEGAS 2015: XOSÉ FILGUEIRA VALVERDE

O venres día 15 de maio de 2015, e co fin de conmemorar o DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015, fixemos unha serie de actividades no patio. Fixemos un MAIO coas flores que trouxeron os rapaces da casa, e cantamos unha canción preparada pola mestra de música Susi, titulada "O Maio das Nogais". Logo esta mesma mestra deu lectura a un conto viaxeiro que se está a elaborar dende o Día do Libro, e para rematar entregáronse os premios do noso Concurso Literario das Letras Galegas, inspirándose os nenos nos textos da obra de Filgueira Valverde. De todo isto, premiados, traballos literarios, maio, etc... tedes un bo reportaxe fotográfico ao voso alcance. En E.I. premiouse a todo o ciclo co seu traballo "Este mes de maio"; no 1º ciclo de E.P. a gañadora foi NEREA OZÓN OTERO (1º) con "A miña horta"; no 2º ciclo de E.P. gañou RUBÉN BLANCO PEREIRA (4º) co traballo "Xoán Paticorto"; no 3º ciclo de E.P. gañou ÁLEX INSUA MOLDES (5º) con "A Amiguiña"; e como premio especial do xurado foi gañadora a obra de YANIRA PARÍS PARÍS (4º) titulada "Jaime O Melenas". Pinchando nas fotos poderedes ver estos traballos gañadores e o resto de actividades de ese día.

       

EXCURSIÓN A SANTIAGO 2º E 3º CICLO E.P. 24-04-15

Os alumnos do 2º e 3º ciclos de E.P. foron de EXCURSIÓN A SANTIAGO o venres día 24 de abril de 2015, para ver no Auditorio de Galicia a obra da Real Filarmonía de Galicia xunto coa Compañía de monicreques Per Poc titulada "Romeo e Julieta". Despois fixeron unha actividade titulada "Emocións Creativas dunha colección-Teatro de Emocións" na Sede de A Fundación.

  

DÍA DO LIBRO: MARCAPÁXINAS, APADRIÑAMENTOS LECTORES E CINE

Continuando coas actividades do DÍA DO LIBRO, os nenos fixeron uns MARCAPÁXINAS super orixinais que se expuxerón posteriormente no pasillo do centro. Tamén fixemos o día 23 de abril, na hora de ler, os APADRIÑAMENTOS LECTORES, nos que alumnos de cursos superiores leíanlle aos máis pequenos un conto. E para rematar tivemos pola tarde sesión de cine, a través do visionado de fragmentos de películas nos diferentes ciclos.

  

HÉCTOR LORENZO CONTACONTOS MUSICAL 20-04-15

O luns día 20 de abril de 2015 visitou o noso centro HÉCTOR LORENZO, un contacontos musical, que coa a súa guitarra e as súas historias recitaba poemas de Raúl Pato, para ledicia de tódolos nenos e nenas asistentes.

  

DÍA DO LIBRO 23-04-15 Actividades

CINE EN CEE 27-03-15

O venres día 27 de marzo de 2015, fomos de excursión a Cee a ver unha sesión de cine con tódolos alumnos do colexio e un gran número de familiares que se anotaron para ir a esta actividade, enmarcada no noso proxecto integrado de centro sobre O CINE. Para os máis pequenos proxectouse o filme "HOGAR DULCE HOGAR" e para os maiores "PERDIENDO EL NORTE".

 

 

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

O venres día 13 de marzo de 2015 celebramos no centro o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER. Cada curso fixo un traballo sobre a vida dunha muller, neste caso, relacionada co mundo do cine (Proxecto Integrado de Centro 2014-2015). Elaboráronse murais que logo se expuxeron no corredor do colexio. Algunhas das mulleres sobre as que se traballou foron como persoaxes de películas Mulán (EI) e Pipi Calzaslargas (3º). Como actrices galegas A Bela Otero (4º) e Mabel Rivera (1º e 2º). Como actriz americana Lois Weber (6º). Tamén se traballou sobre mulleres cuia vida inspirou a cineastas, Anna Sullivan e Hellen Keller ou Verónica Guerin (5º).


CONTACONTOS FACE 2 FACE A PICOTA 11-03-15

O mércores día 11 de marzo de 2015 asistimos, todo o centro, á Aula de Cultura da Picota, xunto cos alumnos do C.E.I.P. de Pino de Val, a ver un sesión de Contacontos en inglés e unha sesión de cine. A actividade de contacontos era a cargo do grupo de teatro FACE 2 FACE. Os alumnos de 3º ata 6º de E.P. viron o espectáculo "CIRCUS LIFE", mentras os de infantil e o 1º ciclo de E.P. visualizaban unha película titulada "Colegas en el Bosque: Aventuras en el circo". Despois intercambiáronse e os pequenos foron ao contacontos que agora tiña un espectáculo chamado "UNDER THE SEA" e os maiores veían a película "La Historia Interminable".




VISITA AO MUNCYT DA CORUÑA 27-02-15

O venres día 27 de febreiro fixemos unha visita guiada e talleres relacionados co cine no MUNCYT da Coruña (Museo Nacional de Ciencia y Tecnología), con tódolos alumnos de Primaria, en horario de 11:30 a 14 horas. A visita guiada comezou ás 12:30 horas e tivo unha duración aproximada de 45 minutos, e os talleres sobre o cine tamén duraron sobre 45 minutos. No tempo sobrante vimos outras salas que non ian incluidas na visita guiada. Sobre as 14 horas comimos nun parque público na zona dos Rosales. Saimos para o colexio sobre as 15 horas. Tedes máis información do Museo e das súas salas, pinchando nas imaxes correspondentes. E máis fotos de ese día picando nas fotos de grupo.

 

 

178 ANIVERSARIO DE ROSALÍA DE CASTRO 1837-1885

  

HABILIDADES SOCIAIS PARA ALUMNADO DE 5º E 6º: ASERTIVIDADE 20-02-15

O venres día 20 de febreiro de 2015, levamos a cabo outra charla de Habilidades Sociais (Grupo Neria), para o alumnado de 5º e 6º de educación primaria, en horario de 10 a 12 horas. A charla tratou sobre A ASERTIVIDADE.

  

QUEIMA DO MECO 19-02-15

O primeiro día á volta do Entroido que fixo bo tempo foi o xoves día 19 de febreiro de 2015 e pola tarde saimos ao patio para queimar O MECO. Eiquí vos quedan unhas fotos. Ata o ano que ven!!!!

  

ENTROIDO 13-02-15

O venres día 13 de febreiro de 2015 celebramos o ENTROIDO 2015. Debido ás inclemencias meteorolóxicas quedamos no centro. Os nenos e mestres disfrazáronse na primeira hora e despois fixemos un desfile polo comedor do colexio subindo ao escenario para sacar fotos e os demáis tiñan que adiviñar de que iban disfrazados os diferentes cursos. Logo cantamos todos, alumnado e mestres, xunto cos pais/nais asistentes ao festival unha canción a modo de "chirigota" creada pola mestra de música Susi, para quentar motores. Rematamos o día facendo o xogo das piñatas e comendo as lambetadas típicas do Entroido que trouxeron as familias das casas para ese día (chulas, filloas, rosquillas, orellas, etc...). Si queredes ver unha gran cantidade de fotos de ese día, pinchade en calqueira das fotos que se atopan na parte inferior.

                   

MANDADIÑOS DE ENTROIDO 2015

Comezamos a semana cos típicos MANDADIÑOS DE ENTROIDO, nos que cada día había que traer algún distintivo. O luns un sombreiro e unha capa, o martes a cara maquillada, o mércores as orellas de Mickey Mouse e o xoves unha claqueta e un cómic ou viñeta baixo o brazo. Eiquí vos quedan unhas fotos.

       

XIII XORNADA DE NAIS E PAIS: EDUCANDO EN IGUALDADE 21-02-15

O sábado día 21 de febreiro de 2015, celebrarase na EGAP en Santiago de Compostela a XIII XORNADA DE NAIS E PAIS: EDUCANDO EN IGUALDADE: Estratexias lúdicas en igualdade: Uso sen abuso de Videoxogos e smartphones, convocado pola Xunta de Galicia. Pincha na imaxe para ver o Programa, e tamén poderás cubrir a solicitude que se adxunta.

LA VOZ DE GALICIA 12-02-15:COMPROMISO AMBIENTAL DO C.E.I.P. VÍCTOR SÁENZ

Na publicación de La Voz de Galicia do día 12 de febreiro de 2015 sale unha reseña sobre o noso centro, do noso proxecto de Voz Natura e o Programa de Educación Ambiental, recomendando aos alumnos a visualización de películas relacionadas co cuidado do entorno que nos rodea, como parte do noso Proxecto Interdisciplinar de Centro 14-15, que é sobre O CINE.

  

TALLER DE CINE CON XOÁN ESCUDERO (Director de Cine) 09-02-15

O luns día 9 de febreiro de 2015 visitou o noso centro o Director de Cine XOÁN ESCUDERO, para facer con tódolos nenos e nenas do colexio un TALLER DE CINE que durou toda a mañá. Falounos polo miúdo do documental no que está a traballar "O TEMPO FUTURO" unha viaxe polo bobsleigh español coa inestimable colaboración da pionera BÁRBARA IGLESIAS, e a través da súa productora "Y LA NAVE VA". Xoán pretendía facer deste documental unha "película cun look cinematográfico" e non un simple reportaxe deportivo. Tanto alumnado coma profesorado, pasámolo en grande oindo a este fantástico director. Si é posible nos dixo que repetiría a visita. E como non!!!! Asinou no noso Libro de Visitas. Se queredes ver máis fotos de ese taller pica nas fotos.

 

HABILIDADES SOCIAIS: "AUTOESTIMA", PARA 3º CICLO 03-02-15

O Martes día 3 de febreiro de 2015, en horario de 10 a 11:50 horas, tivemos no centro unha charla para o alumnado de 5º e 6º de educación primaria sobre HABILIDADES SOCIAIS, para tratar concretamente o tema da "AUTOESTIMA", a través da Asociación Neria.

  

DÍA DA PAZ 30-01-15

Celebramos o DÍA DA PAZ o venres día 30 de xaneiro de 2015 de 12:30 a 13:30 horas no pasillo do centro. Cada curso fixo carteis de actores de cine con frases que tivesen que ver coa Paz. Explicaron eses traballos e logo expuxéronse nun panel no pasillo do centro. Rematamos bailando e cantando (outros alumnos tocaban instrumentos) a canción "CAMPÁS POLA PAZ". Pola tarde tivemos unha "TARDE DE CINE" coa proxección de fragmentos de películas. Cada neno tiña que traer a súa entrada e dábaselle uns flocos de millo. Os fragmentos visionados foron: en E.I. "El Rey León", no 1º e 2º ciclo "Rebelión en la granja" e no 3º ciclo "Persépolis". Foi un día de Paz completiño!!!!! Para ver máis fotos de ese día, pica en calqueira das que están debaixo.

 

  

  

  

   

CAMPO A TRAVÉS. FASE INTERCOMARCAL. PORTO DO SON 23-01-15

O pasado venres día 23 de xaneiro de 2015, celebrouse en Porto do Son, no Circuito "Virxén do Loreto", a Fase Intercomarcal de Campo a Través 14-15. Do noso centro clasificouse para esa fase a alumna de 5º de primaria CLAUDIA GONZÁLEZ LIÑARES (despois de quedar no 2º posto na Fase Comarcal disputada en Negreira), que competiu co mellorciño da zona e quedou no posto 21º. A nosa máis grande noraboa!!!!!!!

   

  

OBRADOIRO DE RECICLAXE: "SEPAREMOS BEN, RECICLEMOS MELLOR" SOGAMA 23-01-15

O venres día 23 de xaneiro de 2015 realizamos no centro un Obradoiro de reciclaxe: "SEPAREMOS BEN, RECICLEMOS MELLOR" de 10 a 10:55 horas para o alumnado do 3º ciclo de primaria e de 10:55 a 11:50 horas para o alumnado do 2º ciclo de primaria.

 

 

CHARLA "NAVEGA CON RUMBO NA REDE" 22-01-15

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) desenvolveu no nos centro a V Edición do Plan Navega con Rumbo. Mediante esta iniciativa, especialistas do CPEIG realizaron unha sesión informativa dunha hora na que ensinaron ao alumnado a navegar por Internet dun xeito útil e responsable. Nesta sesión distribuíronse unhas guías de boas prácticas dirixidas ao alumnado, ao profesorado e ás familias, que tamén se poden descargar en formato electrónico a través da web http://www.edu.xunta.es/navegaconrumbo/ ou picando na foto inferior.

 

 

FESTIVAL DE NADAL 2014

O venres día 19 de decembro de 2014 celebramos, coma tódolos anos, o FESTIVAL DE NADAL no comedor do colexio. Houbo actuacións de todo tipo, eso si, todas con unha temática moi remarcada, "O CINE" que é o Proxecto Integrado que desenrolamos este curso. Ao remate do mesmo tivemos a visita dos REIS MAGOS, que trouxeron agasallos para tódolos nenos e nenas do centro.

 

CONCURSO POSTAIS DE NADAL 2014

Celebramos na derradeira semana de curso, antes das vacacións de Nadal, o CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL 2014. Expuxéronse nun taboleiro do pasillo as postais concursantes de tódolos cursos. Houbo un premio por ciclo e un premio especial do xurado. E as postais gañadoras foron:

   

                                                            

PREMIO E.I.: PARA TÓDOLOS NENOS

PREMIO 1º CICLO E.P.: JORGE OTERO PITA (1º)

PREMIO 2º CICLO E.P.: MIGUEL ROMERO VECINO (4º)

PREMIO 3º CICLO E.P.: SAMUEL SANTIAGO POSE (6º) Postal gañadora do concurso.

PREMIO ESPECIAL JURADO: ANDREA CARBALLO POMBO (3º)

E aquí temos as fotos dos premiados cos seus agasallos. Noraboa a tod@s por participar!!!!!!!

                          

CALENDARIO 2015

O CALENDARIO 2015 que elaboramos neste 1º trimestre, ten como eixe principal "O CINE", que neste curso 14-15 é o noso Proxecto Integrado de Centro. Esperamos que vos gusten os traballos dos alumnos realizados nas diferentes aulas, coa axuda dos mestres.



   

Distribuir contido


by Dr. Radut