Skip to Content

XOVES 14 DE MAIO: TELEGRAMAS.

Pescudando na vida de Ricardo Carvalho Calero, descubrimos que no verán de 1936, houbo un feito que marcou para sempre a este escritor así como na historia española: desátase a Guerra Civil. 

Daquela, Ricardo, atopábase en Madrid preparándose para converterse en profesor de instituto, pero a súa muller, María, estaba embarazada e está en Galicia, zona que queda baixo dominio fascista e coa que é moi complicado establecer comunicacións. Por sorte, as boas novas sortean os fusís e recibe un TELEGRAMA no que se daba conta do nacemento da súa filla, antes de que se cortaran todas as comunicacións: “María moi ben, Magalí moi guapa”. (María é a súa muller, Magalí a súa filla)

Así, dada a situación particular que estamos a vivir dende fai un par de meses, propoñemos que fagades un telegrama dirixido aos vos@s compañeir@s de clase, profesorado, familias, persoal de comedor, etc. Ten que ser unha mensaxe breve e concisa (un saúdo, unha mensaxe de ánimo, frases bonitas, verbas de cariño e amor...). Para iso, poderedes recortar letras ou palabras de xornais, revistas... ou mesmo podedes escribila inspirándovos na caligrafía da época. 

 

Unha vez feito ese telegrama, sacade unha fotiño con el e mandádea ao correo javier.gayoso@edu.xunta.es antes do día 23 de maio. 

 

            Despois faremos un vídeo con todas elas e colgarémolo na páxina do cole.

 

            Aquí vos vai o noso telegrama dende o EDLG:

“Nós estamos ben. Querémosvos un mundo. Temos ganas de vervos. Un saúdo moi agarimoso a tod@s!” 

 



blog | by Dr. Radut