Skip to Content

Blogs

IMOS FACER BROCHETAS DE FROITAS!

Na aula de apoio coa profe Esther un dos nenos do noso cole estivo facendo brochetas, pasounos as fotos e nos deducimos os ingredientes que nos facían falta. Hoxe pasouse pola nosa aula e leunos coa axuda de pictogramas as froitas que utilizaron. Adiviñámolas todas! 

RECREOS DE LECTURAS

Algúns dos nenos e nenas de 1º decidiron por vontade propia ir a contar contos ás clases de infanitl no recreo. Aqui vos deixamos a imaxe dunhas voluntarias cos de 6º de Educación Infantil.

 

DESCOMPOÑEMOS NÚMEROS

Nas rutinas diarias descompoñemos números seguindo o método ABN de cálculo mental. Aquí tedes un exemplo. 

RINCÓNS DESTA SEMANA

Rincón TIC: Iniciámonos na programación a partir dun novo amigo, benvido Scornabot! Traballamos así a orientación espacial.

RINCÓN DAS LETRAS: Esta semana practicamos coas ocas de sílabas difíciles de ler. 

RINCÓN MATEMÁTICO: Medímonos e medimos todo o que atopamos. 

RINCÓN CIENTÍFICO: Traballamos as habilidades científicas, neste caso a observación das plantes, e anotamos o que vemos.

RINCÓN ARTÍSTICO: Versionando a Kandinski co papel de cociña.

 

RECOMPILACIÓN DE CANTIGAS

Co fin de coñecer un pouco máis sobre as nosas tradicións orais propuxémoslle, ao alumnado do centro, facer unha recompilación de cantigas típicas da zona relacionadas co Nadal. A continuación mostrámosvos algunhas delas.

 

 

 

 

 

CONCURSO POSTAIS DE NADAL

O trimestre pasado os nen@s do Ceip Vicente Otero Valcárcel participaron no Concurso de postais de Nadal. As postais recibidas eran todas fermosas. Non foi sinxelo escoller a tarxeta de Nadal coa que felicitamos esta festividade dende o centro. Ao fin, eliximos os traballos de Samuel Bouzas de 4º de Ed. Infantil e  Iván Cayazzo de 3º de Ed. Primaria.

Parabéns tanto aos gañadores como ao resto de participantes!

      

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

O pasado 30 de xaneiro celebrouse no centro o Día Escolar da Non Violencia e da Paz. Esta data coincide coa morte de Mahatma Gandhi, referente mundial en prol dos dereitos humanos. Desde a biblioteca quixemos facer fincapé neste día a través dunha selección especial de libros sobre esta temática e coa exposición duns paraugas impregnados de noticias violentas, que nos convida á reflexión. Por conseguinte, a nosa mensaxe é clara e meridiana: as nosas armas sempre serán os libros. A lectura fainos libres, amig@s!

Comenzamos coa nosa investigación do ano.

      

Vamos a investigar si resulta eficaz unha

bolsa de auga diante dunha ventana para

que as moscas non entren na casa.

Para iso o primeiro que debemos construir

é a gaiola para introducilas.

Axiña seguiremos informando dos nosos

progresos

Xa recollimos a nosa primeira colleita de leitugas.

 

      

   

Xa recollimos as prireimas

leitugas. Que saborosas

estaban...

 

 

 

Aqui vemos a raiña do horto,

a nosa coliflor, preciosa.

RINCÓNS DESTA SEMANA

Rincón artístico: Xogamos cos xeoplanos, esta vez non facemos figuras iguais ao modelo, so creamos!

Rincón TIC: Buscamos quen é Kandinsky, as cores que usa para pintar e as figuras das súas obras.

Rincón literario: Facemos cans con papiroflexia a partir de instrucións. 

Rincón matemático: Xogamos con moedas e billetes a montar o noso propio supermercado.

Rincón científico: Explicamos coas nosas palabras o experimento coa auga.

 

RINCÓNS DESTA SEMANA

Rincón artísitico: recreamos as divertidas receitas de cociña de Hervé Tollet. 

Se queredes ter o libro tedes as referencias picando AQUÍ.

Rincón literario: Ordeamos e clasificamosos textos instrutivos que aportaron as familias (receitas de cociña, etiquetes, manuais de uso, experimentos...)

Rincón científico: A mascota de biblioteca Pingüi e a profe Lidia trouxéronnos unha sorpresa.... Unha planta carnívora! Observámola e pensamos como podemos coidala.

Rincón matemático: Traballamos a orientación espacial a través de xeoplanos.

Rincón TIC: Buscamos en Internet información sobre como coidar a nosa planta.

Distribuir contenido


by Dr. Radut