Skip to Content

Blogs

Literatura infantil

Recentemente coñecíamos os galardoados nos premios Xerais, onde tamén existe un oco para a nosa literatura infantil. Este ano a obra premiada, nesta categoría, foi Muriel, de María Canosa. A escritora xa posúe unha ampla traxectoria na escrita infanto- xuvenil. Así pois, na biblioteca do noso centro poderedes atopar algúns libros desta autora. Mentres non chega Muriel ás nosas mans, podemos deleitarnos con outros dispoñibles.

FACEMOS ENSALADAS

LEITUGAS from CEIP VICENTE OTERO on Vimeo.

A cantiga do vídeo titúlase "Comer bien" do grupo Los Algos. Aquí vos deixamos a orixinal.

LIBRO DAS PLANTAS

Xa está case camiño da imprenta o noso novo libro. Como sabedes esta vez o proxecto de investigación foi sobre as AS PLANTAS. Esta nova entrega da Editorial Pingüi ten moitas sorpresas xa que é unha edición interactiva a través da aplicación de Realidade Aumentada "AURASMA". Faremos unha reunión e explicarémosvos como usala. Mentras tanto aquí tedes a primeira edición, na última vai haber algúns cambios de formato pero, en xeral, vai ser moi similar. Esperamos que vos guste! Para amplialo a pantalla completa dádelle ao símbolo que aparece na parte inferior dereita que ten forma de cadrado.

 

EXPERIMENTOS CON PLANTAS 1º A

Para ver os nosos experimentos pica nos círculos de cores do horto da aula. 

Día das Letras Galegas

Como ben sabedes, o pasado mércores 17 conmemorouse o Día das Letras Galegas. Este ano o autor homenaxeado é Carlos Casares (Xinzo de Limia, 1941- Nigrán 2002). Desde a biblioteca do noso centro, fixemos unha selección dalgúns dos seus libros (A galiña azul,  Toribio contra o profesor Smith ou Lolo anda en bicicleta) e incorporamos material novo como As miñas primeiras Letras Galegas, da colección dos Bolechas. Agardamos que gocedes coa súa lectura! 

Ler en familia

Hoxe, 15 de maio, conmemoramos o Día Internacional da Familia e desde a biblioteca do centro queremos impulsar a lectura no fogar. Porque a lectura tamén é afecto, coñecemento e tolerancia; que mellor que compartila coas persoas que máis queremos. 

Distribuir contenido


by Dr. Radut