Proxecto arte Betanzos

PROXECTO ARTE BETANZOS

O magosto en 1º

Os nenos e as nenas de 1º celebramos a festa das castañas cunha serie de xogos castañeiros coa axuda dos profes de E.F., David e Suso, e coa colaboración dos compis de 5º. Para rematar comimos unha morea de castañas que prepararon os papás e as mamás para nós. Moitas grazas a todos!!!

Magosto from paula cole on Vimeo.

Visita á Domus de 1º EP

Os nenos e as nenas de 1º fumos de excursión á Domus, para aprender e descubrir moitas cousas sobre o corpo humano, sobre diferentes inventos, e moitas cousas máis...

Visita á Domus by Slidely Slideshow

Magosto en E. Infantil

Seguindo a tradicción o Vales Villamarín celebra o Magosto coa colaboración desinteresada das familias. Grazas a todos por facer posible este tipo de actividades.

Preme na imaxe para ver o vídeo.

MAGOSTO EDUCACIÓN INFANTIL 2015

 

Formación para profesorado sobre Síndrome de Asperger

Para poder ofrecer unha verdadeira ensinanza de calidade (de cores) a TODO O o noso alumnado  é fundamental, por unha parte, a formación continuada  do profesorado e, por outra banda, a colaboración e coordinación con asociacións e entidades que traballan en prol da súa educación.

Este martes día 24, ás 16,00 h. temos a sorte de recibir unha charla para o profesorado sobre o Síndrome de Asperger, impartida gratuitamente pola Asocición ASPERGA.

 

Agradecemos sinceramente a súa iniciativa e colaboración.

 

Grazas!

a vendima 1º

Na aula de cociña, ante a atenta mirada de Virutas os nenos e as nenas de 1º fixeron a súa particular vendima. Velaí a mostra...

 

A VENDIMA 1º

E o noso soño comeza a facerse realidade...

Este é un vídeo que resume moi brevemente  as actividades realizadas para a celebración  do Samain e que fan realidade o  noso soño: unha educación de cores para todos!

 

Para ver máis actividades podedes visitar o blog de Eduacación Infantil.

Para que as cousas suceden primeiro hai que soñalas.

Así comeza o noso proxecto educativo para este ano da man de "Virutas y el Arcoiris" libro de Marta Álvaro.

 

Temos un soño, acadar unha eduación de cores, e para acadala precisamos da axuda do noso alumnado. Deben decidir que queren ou poden facer para axudarnos a lograr o  noso soño.

É emocionante ver como se lles ilumina  a cara ante as nosas suxerencias e propostas, principalmente ante o proxecto da cociña e da horta. Gustaríame agradecer desde aquí a tod@s os alumos e alumnas  e mestres a súa ilusión e colaboración, e de xeito moi especial a Roi (2ºA) e Jesús (4º C).

    

 

Como di Jesús "Poco a poco nuestro mundo se va llenando de color".

A vendima

O pasado día 28 de setembro os nenos e as nenas de 6º EP foron vendimar á Viña Ártabra, no lugar de Viraventos. Vendimaron uvas da variedade mencía e godello. Aí vos vai unha mostra do que traballaron e do ben que o pasaron.  

A VENDIMA

Distribuir contido