WATER-POLO
Esta semana, o alumnado de 4º, 5º e 6º de E. Primaria do centro asistiu a unha sesión de wáter-polo impartida por un entrenador profesional deste deporte. Esta é unha actividade promocionada polo Concello de Betanzos para ver a acollida que ten no noso alumnado con vistas a realizar a actividade nun futuro próximo. Para isto, necesitan que cubran a breve enquisa que leva o díptico que levaron para a casa (tamén poden descargala PREMENDO NA IMAXE) e lla entreguen ao profesorado de Educación Física.
OS PAXAROS DO VALES
Con motivo do día da Candeloria, os nenos e as nenas do cole estiveron a investigar sobre distintos paxaros. No seu día xa vos adiantamos parte dos seus traballos, hoxe amosámosvos outra pequena parte...
CLICADE NA IMAXE!
VISITA Á CASA DOS PEIXES
Aproveitando que están a traballar os seres vivos en Ciencias Naturais, os nenos e nenas de 1º de Primaria visitaron a Casa dos Peixes na Coruña.
PREMEDE NA IMAXE!
FRAN AMIL EN CONCERTO
Organizado polo departamento de Normalización Lingüística do Concello de Betanzos, Fran Amil presentou no cole, para a rapazada de 3º de Primaria, o seu espectáculo POPSÍA. Os nenos e nenas gozaron moitísimo coa poesía e a música.
CONCERTO NO PALACIO DA ÓPERA
Alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria desprazouse ata Coruña para gozar do espectáculo musical "La leyenda de Armonía" no Palacio da Ópera. Botádelle unha ollada ao vídeo premendo na imaxe!
ADMISIÓN ALUMNADO PARA O CURSO 2024-2025
Desde o vindeiro venres día 1 ata o 20 de marzo de 2024 permanecerá aberto o prazo de solicitude de admisión para o vindeiro curso 2024/25, para todo o alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo (maioritariamente en 4º curso de Educación Infantil), así como para o alumnado de Educación Infantil e Educación Primaria que desexa cambiar de centro escolar sempre que haxa prazas dispoñibles.
Poden realizar as súas consultas no teléfono 881880237 ou no correo electrónico ceip.vales.villamarin@edu.xunta.gal
Publicación das listaxes provisionais de alumnado admitido: 25 de abril.
Publicación das listaxes definitivas de alumnado admitido: 15 de maio.
Formalización da matrícula: do 20 ao 30 de xuño.
INFORMACIÓN:
Calendario procedemento de admisión
Tríptico PEC (Proxecto Educativo de Centro)
IMPRESOS:
Documento de autorización de matrícula
Solicitude de transporte normal (domicilio a máis de 2 km.)
Solicitude de transporte excepcional
PUNTO LARANXA
A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades publicou recentemente o Plan Integral contra o acoso e ciberacoso escolar, así como a actualización do Protocolo educativo para a prevención, detección e tratamento do acoso e ciberacoso escolar, co fin de dar resposta a este tipo de situacións nos centros educativos.
Unha das medidas establecidas nestes documentos é a instalación do denominado Punto Laranxa en cada un dos centros de ensino.
Trátase dun espazo físico e virtual onde calquera persoa poderá denunciar de xeito anónimo unha situación de posible acoso ou ciberacoso escolar.
O Punto Laranxa Físico estará instalado na entrada do edificio de Primaria nun lugar visible e accesible para todas as persoas que forman parte da comunidade educativa. Este punto consta dunha caixa onde calquera persoa pode depositar información relativa a unha posible situación de acoso ou ciberacoso escolar e, ademais, dun pequeno espazo onde o centro será quen de incorporar información adicional relacionada con esta temática.
O punto Laranxa Virtual estará habilitado na páxina web do colexio. Os usuarios anónimos disporán dun formulario cun único campo de texto no que escribir a súa mensaxe.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »