Skip to Content

Selección actividades.

Madre Tierra. 14 de Xuño 2018. Día Nacional da Lingua de Signos Española

Canción "Madre Tierra" interpretada polo alumnado de educación infantil e 2º de primaria,

pola celebración do Día Nacional da Lingua de Signos Española : 14 de Xuño de 2018

Títeres na biblioteca

Durante o mes de xuño, a biblioteca do centro, encheuse de títeres e marionetas, coa representación de contos por parte dos nosos alumnos. Tan ben, tan ben, o fixeron, que o longo da semana, virán os nenos das distintas aulas de educación infantil a escoitarnos!

 

1º premio "Creando Rural"

Este é o video co que participaron os nenos de segundo no concurso "Creando Rural" e quedaron gañadores! 

Hoxe visitounos o equipo de "Creando Rural" para facer entrega do diploma co premio, acompañados polo Alcalde de Gondomar e a Concelleira de Educación. Estade atentos á prensa!!

O venres 8 iremos de excursión ao parque de multiaventura Fervenzaventura, en Silleda.

                                 

 

"Madre Tierra" LSE

EN 1º APRENDEMOS COS EXPERIMENTOS.

 

 No noso curso de primeiro fixemos unha chea de experimentos durante o primeiro e segundo trimestre. Aínda nos queda moito por aprender e facer proba ensaio-erro.

 

Así como era como o facían os investigadores do século pasado. Por iso queremos que vexades como nos parecemos aos nosos científicos preferidos, Marie Curie e Albert Einstein.

 

Vos deixamos unhas mostras nas que saímos realmente guapos e guapas.

 

Seguiremos investigando...

 

DÍA MUNDIAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE.

O día  4 de decembro conmemoramos o DÍA MUNDIAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE.

Tivemos unha visita moi especial, compartimos á xornada con persoas do CENTRO DE EDUCACIÓN ESPECIAL SAN XEROME DE A GUARDA.

Foi unha experiencia moi enriquecedora, entendimos e comprendimos que tod@s temos capacidades e discapacidades, que temos que aceptar a cadaquén e procurar cambios na sociedade que favorezan a inclusión de todas as persoas.

 

MOITAS  GRAZAS!!

 

 

Xornada de Primeiros Auxilios coa Cruz vermella

O día 06 de outubro, o alumnado de 4º participou nunha xornada de Primeiros Auxilios cun membro da Cruz Vermella.

Podedes ver algunhas fotos.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut