Skip to Content

Selección de actividades

OBRADOIRO DE COCIÑA

XEOPLANOS

As alumnas e alumnos de Infantil e 1º ciclo ce Primaria aventurámonos este ano a traballar cos Xeoplanos. Porén o primeiro era facelos, xa que logo aló fomos. Con moita axuda das nosas familias temos unha estupenda ferramenta para traballar nas nosas aulas. Aquí vos ensinamos neste pequeno vídeo como foi todo o proceso, nós pasámolo xenial, e vós?, animádesvos?

DÍA DA PAZ 2017.

 

Como xa sabedes tod@s o 30 de xaneiro, coincidindo co aniversario da morte de Gandhi, é O DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ.

 

Este curso imos solidarizarnos cos refuxiados e refuxiadas, persoas que tiveron que fuxir das súas casas, do seu país... deixando todo atrás somentes por ser como son, por sentir como sinten, por nacer onde naceron ou por atoparse no medio dunha guerra...

 

 

 Todos reflexionamos sobre a súa realidade e de xeito simbólico lles ofrecemos algo que deixamos plasmado na POMBA DA PAZ:

 

 


POMBA PAZ - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

Podemos achegarnos a súa realidade, comprender mellor a súa situación mirando algún destes videos:

 

                

 

 

               

 

                       

 

Ou lendo algún destes libros na Biblioteca do colexio:

 

                      

 

                                                                     

 

3 DE DECEMBRO- DÍA MUNDIAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE.

 

A ASEMBLEA XERAL DA NACIÓNS UNIDAS no ano 1992 declarou o 3 de decembro dia mundial das persoas con discapacidade.

O obxectivo desta conmemoración é facer visibles diante de tod@s, ás persoas con discapacidade e promover iniciativas para:

- Eliminar as barreiras que dificultan a súa integración, tanto físicas coma psicolóxicas (prexuízos).

- Facilitarlle a integración na sociedade proporcionando servizos sanitarios, educativos, sociais ... que fagan posible o seu maior desenvolvemento.

No colexio fixemos unha actividade, o  mércores 7 de decembro onde os nenos e nenas puideron vivenciar as dificultades que as persoas con discapacidade atopan no seu día a día.

Por outra banda o CEE JUAN MARÍA de Nigrán organiza moitas actividades para esta data, entre elas a difusión dun video coa canción “LATIENDO POR TI”, a proxección da película “LA HISTORIA DE JAM”, mañá 1 de decembro ás 19 h no auditorio de Nigrán, gratuita e un acto o sábado 3 na Praza do Concello de Nigrán a partires das 17 h con música en directo.

 

Invitan a toda a comunidade e piden a nosa colaboracion enviándolle fotos ou videos dos nenos, nenas, profesorado,familias ... con globos verdes (cor da inclusión) para logo publicalos, por iso animade aos nenos e nenas a vir o día 7 con camiseta ou xersei verde e a facerse a foto individual ou en grupo con globos verdes que haberá no colexio.

 


VISITAMOS O MUSEO DE PONTEVEDRA.

O martes, 22 de novembro, o alumnado de 3º e 4º de primaria visitamos o Museo de Pontevedra. Alí tivemos que facer de detectives para dar con pinturas e esculturas seguindo unhas pistas.

 

Para ser un bo detective debiamos observar con calma e concentración as obras de arte. Tamén tiñamos información nos carteles que acompañan as obras de arte.

Cada un de nós tiña que completar un caderniño.

 

Ao rematar a visita ao museo aproveitamos a saída para dar un paseo polas rúas da cidade de Pontevedra.

 
 

AXUDAR A ESTUDAR (ALUMNADO E FAMILIAS DE 5º E 6º DE E. PRIMARIA)

NESTA PRESENTACIÓN ATOPARÁS CONSELLOS INTERESANTES, así poderás ORGANIZARTE E APROVEITAR  MELLOR O TEMPO DE ESTUDO

 

 

 

Clica na seguinte imaxe e entra nunha interesante páxina web, nela atoparás consellos e estratexias para memorizar, concentrarte mellor, ...

 

Distribuir contido


by Dr. Radut