Outra das actividades que se desenvolveu grazas a todo o profesorado e alumnado do centro foi a de
"A FIGURA HUMANA E OS PINTORES GALEGOS".
En cada aula traballouse unha das obras dun artista plástico galego (Maruja Mallo, Álvaro Caruncho, Seoane, Maside,...) onde aparecese representada a figura humana.
Logo, cada neno fixo a súa interpretación.
Todos os debuxos e pinturas do alumnado están expostos nas paredes dos corredores do colexio.