SAMAÍN 2015

COMO TODOS OS ANOS, CELEBRAMOS O SAMAÍN NO COLE. OS NEN@S DE INFANTIL, TROUXERON UNHA CABAZA QUE BALEIRARON NAS AULAS E OS NEN@S DE PRIMARIA XA A TROUXERON PREPARADA DA CASA. DABA MEDO VELAS. 

O DÍA DO SAMAÍN, HOUBO UNHA SESIÓN DE CONTACONTOS DE MEDO. ESTE ANO, APROVEITAMOS QUE ESTÁ CON NÓS ETHAM, AUXILIAR DE CONVERSA EN INGLÉS E CONTOUNOS UN CLÁSICO NESE IDIOMA: "RUN PUMPKIN RUN". OS OUTROS CONTOS DE MEDO FORON: "UN PESADELO NO MEU ARMARIO", "LOBOFEROZ", "O SOUTO ESCURO E PERIGOSO"