Skip to Content

EN GALEGO POLO MUNDO

Como puidemos ler e escoitar nos medios de comunicación nos últimos días, a aprendizaxe da lingua portuguesa vai ser implantada progresivamente nos centros educativos a partir do vindeiro curso.

Previamente a esta nova, no noso centro, en relación co proxecto " Nenos e nenas do mundo", quixemos deixar reflictido dende o EDLG aqueles lugares do mundo onde se comunican en linguas lusófonas, é dicir, onde se fala o portugués. 

Un dos obxectivos da actividade foi o de valorar a lingua propia: grazas a que o galego é intercomprensible co portugués, a lingua galega ten dimensión internacional. Temos a gran vantaxe de poder entendernos con máis de 250 millóns de persoas de distintos países do mundo onde se falan linguas lusófonas.

Todo isto quedou plasmado nun pequeno proxecto exposto nun recanto do colexio:

"EN GALEGO POLO MUNDO"

 

 

 

 

 



page | by Dr. Radut