DÍA DA BIBLIOTECA

OS LIBROS EN GALEGO ESTÁN DE NORABOA. DOUS CONTOS, "GALIÑO PELADO" DA EDITORIAL OQO E "NICOMEDES O PELADO" DE PINTO&CHINTO DA EDITORIAL KALANDRAKA, ACABAN DE SER RECOÑECIDOS ENTRE OS 200 TÍTULOS DA LITERATURA INFANTIL E XUVENIL PUBLICADOS EN TODO O MUNDO. O CATÁLOGO VAISE PRESENTAR NA FEIRA INTERNACIONAL DO LIBRO DE FRANKFURT. AÍNDA NON OS COÑECES? XA OS TEMOS NA BIBLIOTECA E PODEDES COLLELOS PARA GOZAR COA HISTORIA E AS ILUSTRACIÓNS DOS DOUS CONTOS.