Skip to Content

O CORPO HUMANO E A SAÚDE

 

O CEIP Souto-Donas ven de inaugurar o seu proxecto pedagóxico deste curso 2013-14, titulado: "O corpo humano e a saúde". Un proxecto co que se marcan básicamente 3 obxectivos:

 

  1. Adrentarse no coñecemento da estructura e funcionamento do organismo.

  2. Desenrolar unha serie de hábitos saudables, tanto de alimentación como de coidado do corpo.

  3. Relacionar o estudo do corpo con outras áreas, como por exemplo a Lingua ( aprendendo vocabulario relacionado co tema). Tamén co mundo do arte, onde o alumnado traballou na reprodución de obras de pintores galegos relacionadas coa figura humana e que tamén forman parte da exposición.

 

 

Mentres se traballa en conxunto na ambientación, cada ciclo traballa os seus contidos e crea un centro de información (panel), que está acompañado de material ilustrativo. Así atopamos 5 paneis diferentes:

1.- O Aparello Locomotor. Exercicio físico e saúde

2.- O aparello dixestivo e excretor. Influencia da figura humana no mundo do arte.

3.- O Sistema Nervioso. A hixiene

4.- O Sistema Respiratorio e o Circulatorio. Enfermidades relacionadas.

5.- Primeiros auxilios.

 

No proxecto participa a Comunidade Educativa e convídamos a persoas que nos podan aportar información ou experiencias enriquecedoras.

 

O día da inauguración son os alumnos/as de 6º curso de E.Primaria os encargados de explicar a tódolos convidados a inauguración o contido de cada un dos paneis.

 

Ademáis faixe unha exposición de fotos que amosan como o tempo vai cambiando os nosos corpos, neste caso os protagonistas son os alumnos de 6º e os profes. Tamén se fixo unha reprodución a tamaño real, do home máis alto e do máis baixo do mundo.

Aquí tendes algunhas fotos do día da inauguración:

 

 



page | by Dr. Radut