Skip to Content

A RAG dedicaralle as Letras Galegas 2021 a Xela Arias

A Real Academia Galega dedicaralle a Xela Arias (Sarria, 1962 – Vigo, 2003) o Día das Letras Galegas de 2021. O Pleno da institución acordou na sesión celebrada esta tarde homenaxear o ano que vén a quen foi unha das voces máis destacadas da poesía galega contemporánea. Xela Arias é autora dunha poesía singular, transgresora, sincera e comprometida que será celebrada ao longo dun 2021 durante o cal a RAG lembrará ademais o seu labor como editora e tradutora que verteu milleiros de páxinas de clásicos universais ao galego.

Premendo na seguinte imaxe poderás acceder á páxina da RAG onde se amplía esta nova.



page | by Dr. Radut