Skip to Content

A NOSA HISTORIA

As alumnas e alumnos de terceiro estamos a elaborar unha historia durante estes días. Queriamos compartila con todas e todos vós por se vos serve para levar mellor estas datas. Xa sabedes que a lectura  tal e como nos dicía Xosé Neira Vilas "Te transportan a un mundo que facemos noso e no que ninguén nos poderá incomodar ou pertubar. A súa forza é vital".

Pouco a iremos actualizando a nosa composición. Agardamos que gocedes da súa lectura tanto como nós elaborándoa.

Unha aperta para todas e todos. Coidádevos moito na casa.

 

 

CAPÍTULO 1

 

A FERMOSA AMIZADE ENTRE MATILDA E O VERME

 

Hoxe síntome ben, durmín toda a noite e pola fiestra albisco unha raiola de sol. Levanteime a almorzar o meu leitiño cunhas torradas untadas en aceite.

Despois de almorzar fun ao xardín a coller unhas mazás da árbore, e de súpeto vin un pequeno verme almorzando a mazá. Nisto o verme mira para min curiosamente e me di: 

_Ola!!!

Primero asusteime  e despois con voz tímida dixen:

_Ola?

Logo mirei un paxaro, e levei a mazá a casa para protexer o verme pois quería comelo.  

Pousei a mazá na mesa da cociña, o verme saiu e mirándome fixamente díxome:

_Grazas!   

Aparece miña nai e pregunteillei se podía quedarme con el. Díxome que si pero que tiña que coidalo. Entón leveino comigo para ensinarlle a miña habitación e presentarlle as miñas bonecas. Metino nunha caixiña transparente e deille unha galleta pequena. Deixei que rematase a galleta e pregunteille como se chamaba.

_Chámome Boqueixón. E ti como te chamas?

_Eu son Matilda. Non sabía que os vermes falabades.    

_Pois si que falamos e falamos moito.

_Estás a gusto metidiño na caixiña?

_Claro que si, moitas grazas por coidarme moi ben. Pero Matilda os vermes e os bichiños temos que vivir na natureza, e eu son un verme, entón teño que vivir alí.

_Pero eu non quero que te vaias, queda connosco, hai sitio de sobra!

 

A Matilda empezoulle a rolar unha bágoa pola meixela. Entón, aínda que lle gustaría deixalo na casa, levouno ó xardín e fíxolle un burato nunha árbore.

Dende aquela o verme viviu alí e a nena leváballe comida cada día.



page | by Dr. Radut