Skip to Content

O BOSQUE D@S NEN@S

O mércores 3 de abril as alumnas e alumnos de 3º e 4º de Primaria acudimos a chamada da nosa benquerida Serra do Galiñeiro. Participamos dunha actividade proposta pola Comunidade de Montes de Vincios. Consistíu na plantación de 11 árbores autóctonas (Bidueiros e Freixos) coa finalidade de recuperar un terreo bautizado co nome de "O BOSQUE D@S NEN@S".

Estamos moi agradecidos por ternos dado esta posibilidade de axudar ao noso medio ambiente. O cambio climático combátese de preto.

Esta magnífica paraxe foi liberada dun total de máis de 2000 eucaliptos.

Animádevos a participar, so tedes que porvos en contacto cos amig@s de Vincios.

Se premedes na seguinte imaxe podeeredes ver un vídeo que da testemuño da nosa acción.

 



page | by Dr. Radut