Skip to Content

APRENDEMOS CON JAVIER "O PANGUEIRO".

O mércores 27 de xaneiro as alumnas e alumnos de terceiro nivel asistimos a unha charla dirixida por Javier. Nela nos falou da súa profesión: Pangueiro.

 

Sabemos o difícil que resulta unha profesión como a del aínda que se che gusta o que sexa máis doado de levar.

Javier está embarcado durante 4 meses no ITSAS TXORI un barco de 98 metros de lonxitude (como un campo de fútbol) pescando atún (Cimarrón e Listadoi). É o encargado de manexar a Panga que leva un cabo da rede que fai o cerco. Soubemos un montón de nova información que descoñecíamos.

 

 

Que divertido e que duro é ser Pangueiro!

 



page | by Dr. Radut