Skip to Content

BECAS E AXUDAS PARA ALUMNADO NEAE CURSO 2024-2025.

BECAS E AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECIFICA DE APOIO EDUCATIVO PARA O CURSO 2024-2025.

 

Enlace para cubrir a solicitude na páxina web da sede electrónica do Ministerio de Educación.

BECA

A TER EN CONTA:

1.- Na FOLLA 1 para autorizar á Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT) e facilitar os datos económicos ás administracións educativas .

2.- No apartado A CUMPRIMENTAR POR TODOS/AS OS/AS SOLICITANTES por parte do pai/nai/titor, e, no seu caso, o resto de membros maiores de idade da unidade familiar. (Todos teñen que asinar)

Nota: (Considéranse membros da unidade familiar: o solicitante, os pais ou titores, os irmáns solteiros que vivan no domicilio familiar, ou de calquera idade cando sexan discapacitados, e os ascendentes dos pais do solicitante que vivan no domicilio familiar)

Lembrar que de acordo coas bases da convocatoria a falta de sinaturas nestas dúas páxinas será causa de denegación da bolsa ou axuda.

Presentarase tamén documentación acreditativa do certificado de discapacidade igual ou superior ao 25%.

 

DOCUMENTACIÓN A APORTAR:

 

- Copia dos datos identificativos da conta bancaria (código conta cliente). O solicitante (alumno) deberá figurar obrigatoriamente entre os titulares ou cotitulares da conta.

    • Copia dos xustificantes das situacións que declare o solicitante no apartado H: familia numerosa, discapacidade do solicitante ou de algún irmán, etc.

    • Informe do Gabinete onde vai a empregar a axuda o solicitante.

 

IMPORTANTE:

 

O prazo das familias, para presentar as solicitudes no centro escolar, iniciase o 30 de abril e remata o 13 de setembro de 2024.

O alumnado con BECA que marchen do centro o IES adscrito terá que solicitala no IES.

Se tedes algunha dúbida ou precisades algunha aclaración poñédevos en contacto co centro.

 

 



page | by Dr. Radut